Guezos: Diferenzas entre revisións
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 8: Liña 8:
| xénero = [[Pop]]-[[Folk]]
| xénero = [[Pop]]-[[Folk]]
| selo =
| selo =
| membros = [[Anxo Fernández]]
[[Adrián Beiroa]]
[[Roberto Reboiro]]<br]
[[Xabier Salgado "Morta"]]
[[Modesto Cid "Nes"]]<br
| membros = [[Anxo Fernández]]
[[Adrián Beiroa]]
[[Roberto Reboiro]]<br]
[[Xabier Salgado "Morta"]]
[[Modesto Cid "Nes"]]
[[Francisco Díaz]]
[[Carlos Rivera "Puntxa"]]
[[Pablo Rodríguez]>[[Rafael Ullán "Abuelo"]]
| antigos_membros = >[[Roi R. do Forno]]
[[Carlos Rivera "Puntxa"]]
[[Pablo Rodríguez]>[[Rafael Ullán "Abuelo"]]
| web = [http://www.guezos.com/ Páxina Oficial]
| web = [http://www.guezos.com/ Páxina Oficial]
Revisión como estaba o 11 de xuño de 2008 ás 10:52
{{Grupo_musical
| nome             = Guezos
| imaxe            =
| lenda            =
| orixe            = Ourense
| país             = Galiza
| período          = 1999-
| xénero           = Pop-Folk
| selo             =
| membros          = Anxo Fernández
Adrián Beiroa
Roberto Reboiro<br]
Xabier Salgado "Morta"
Modesto Cid "Nes"
Francisco Díaz
David Quitas
Roi R. do Forno
Carlos Rivera "Puntxa"
[[Pablo Rodríguez]>Rafael Ullán "Abuelo"
| web = Páxina Oficial
Guezos é unha banda de pop-folk ourensán, cuxas composicións son, maioritariamente, de compás rápido, aínda que tamén usan compases melódicos. Tamén é o nome do seu primeiro álbum, que viu a luz no 2001
Historia
Guezos (en barallete -antiga fala dos afiadores ourensáns-: rapaces, nenos, cativos) naceu en 1999 como proxecto de grupo musical tradicional. Pouco a pouco, o grupo comezou a evolucionar cara o folk, e no 2000 grava a maqueta "Guezos" (convertida posteriormente en álbume), e dá os seus primeiros concertos.
A formación inicial estaba composta por Arturo, Xabier Domínguez "Morta", Pablo, Roberto,Anxo e Carlos Rivera "Puntxa". Estes comezan a buscaren influencias novas en eidos musicais variados como o Rock ou o Pop, de onde xorde a incorporación dunha guitarra eléctrica ao grupo.
Compoñentes
• Anxo Fernández: Un dos fundadores do grupo, é mestre de música. Comezou aos 8 anos a estudiar solfexo, piano e canto no Conservatorio de Ourense. Tamén é membro de Genubaru e dalgúns orfeóns como o "Orfeón Terra Nosa".
• Adrián Beiroa: Operario de profesión, ten formación en Rock pola súa pertenza ao grupo Genu Varu, entrando a formar parte de Guezos no 2004. Actualmente estudia canto na escola de Jazz de Santiago de Compostela. Vocalista.
• Roberto Reboiro: Comeza a toca-lo baixo con 15 anos. Membro de Genu Varu e cofundador de Guezos. Compaxina os estudos de Belas Artes coa súa formación musical. Colaborador habitual do grupo Folk-Rock Ergom.
• Roi R. do Forno: Alumno de violín, solfexo e canto no Conservatorio de Ourense. membro dos grupos de Teatro Rúa Viva e o do Campus de Lugo, onde remata os estudos de Veterinaria. Violinista do grupo lucense Ácido Folklórico. Entusiasta das novas tecnoloxías, soña con enchufar o violín a onde menos se espere. Violinista.
• Carlos Rivera "Puntxa": Comeza a súa andadura na escola de Gaitas da Deputación de Ourense, formando parte da Real Banda. Mestre de diversas bandas da provincia. Participa en numerosos festivais co grupo folk Acualae. Estdia batería con Carlos González. Actualmente forma parte do grupo ourensán Lamatumbá.
• Pablo Rodríguez: Mestre de Pedagoxía. Terapeuta. Guitarrista autodidacta dende os 16 anos. Cofundador do grupo, actual mente adícase a parte máis anovadora do grupo, ocupándose das programacións e "sintes", e máis a toca-la guitarra rítmica nalgúns temas. Guitarrista, letrista e compositor.
• Xabier Salgado "Morta": Comeza como gaiteiro na Escola de Gaitas da Deputación de Ourense aos 6 anos. Pasa por diversas bandas da provincia, incluída a Real Banda. Profesor de gaita de Queixumes dos Pinos. Asiste a cursos impartidos por recoñecidos músicos como Anxo Lorenzo ou Ian McJones. Gaiteiro.
• Modesto Cid "Nes": De profesión Enxeñerio Industrial, é gaiteiro dende os 11 anos na Escola de Gaitas da Deputación de Ourense. Mestre nas bandas de gaitas Devalar (Amoeiro), Os trabazos (Castro Caldelas) e Concello de Muras. É a última incorporación do grupo. Gaiteiro
• Rafael Ullán "Abuelo": Ebanista de profesión. A principios dos 90 forma parte de grupos punk-rock como Los Miserias como guitarrista e vocalista. Tras un tempo de estudo, comeza a tocar cos Guezos no 2001. Segundo documentación pública do grupo: "As súas interpretacións aportan contundencia e solidez!.
Discografía
O grupo ten 3 álbums publicados: Guezos (2001), Terradentro (2004) e 99-06 (2007), sendo o último un recompilatorio onde a maioría dos cortes son gravacións de actuacións en directo.
Guezos (2001)
• Gravado e producido por: Pedro Feijoo
• Gravado en: Muu! Estudos en Barra de Cima (Ourense) e Vigo en setembro de 2001
• Duración total: 44:41 min:s
• Temas:
• 1. Resaca Dominical
• 2. O brado da Lúa
• 3. Lévame
• 4. Enebrote
• 5. Pedida de man
• 6. A Rebadaira
• 7. A miña muliña
• 8. Loui in tra / A Raiz do Toxo Verde
Terradentro (2004)
• Gravado e producido por: Pedro Feijoo e Charly Lincoln
• Gravado en: Muu!! Estudios en Vigo do abril de 2003 e maio de 2004
• Duración total: 48:31 min:s
• Temas:
• 1. Voces
• 2. Vironte
• 3. Heite de ver
• 4. O burro ledo
• 5. terradentro
• 6. Ocre
• 7. O soño
• 8. Porno reel
• 9. La ventana (rumba)
• 10. Whisky e licor
• 11. Muliña03
99-06 (2007)
• Temas:
• 1.- Luintra (directo no Café Teatro Xesteira de Ourense)
• 2.- Pedida de Man (Directo na Sainza)
• 3.- A Rebadaira
• 4.- Brado da Lúa
• 5.- Terradentro
• 6.- Whisky e Licor
• 7.- Ocre
• 8.- A Miña Muliña (2003)
• 9.- Porno Reel
• 10.- A das Festas
• 11.- Manoliño (Directo no Local Social A REVOLTA de Vigo)
• 12.- Lévame (Directo na Sainza)
Directos
Segundo o historial da súa web os concertos do grupo comezan no ano 2001, con concertos unicamente na provincia -e cidade- de Ourense. Curiosamente, os primeiros dous concertos que figuran, son fora da cidade (en concreto, en Castro Caldelas o 28 de Xullo de 2001 e Graíces (Ourense) ).
Primeira saída fora da provincia
A primeira saída fora da provincia foi a Vilaboa (Pontevedra). Logo diso, comezaron a facer concertos en toda Galicia, agás na provincia da Coruña. Como curiosidade, dicir que mesmo deron o primeiro concerto fora de Galicia antes de recalar na provincia da Coruña. O susodito concerto fíxose no Palacio de Congresos de Barcelona, nun festival organizado pola escola de gaitas "Toxos e Xestas" da Cidade Condal. A actuación foi o 8 de Marzo do 2003.
A que foi a súa primeira actuación na provincia coruñesa sería no XXV Festival do Mundo Celta de Ortigueira (Escenario Runas), o 13 de Xullo do 2003.
Participación en Festivais e concursos
Xa dende o ano 2002, Guezos ten participado en festivais e concursos. O primeiro, foi o 2 de agosto do mencionado ano, no "Festival na Tralla III" en Vilaboa (Pontevedra). Logo virían o II Festival Folk "Serra de Queixa" (Ourense) e o xa mentado XXV Festival do Mundo Celta de Ortigueira (ambos no 2003).
No 2004, recuncan no "Serra de Queixa" -na súa 3ª edición-, preséntanse ao concurso EUROFOLK-J -dentro do Parapanda Folk 2004, celebrado en Montefrío (Granada)-, e a súa primeira participación no Festival FEO (Folk En Ourense).
Logo dun ano sen participación en festivais ou concursos, no 2006, comezan o ano coa participación no concurso escenario PRAU en Santander (Cantabria), logo, cara o verán, participaría no concurso "A polo Ghit" (organizado por Vieiros e mais o programa extrarradio da Radio Galega), quedando de 4ª na votación do xurado e 1º no ranquin de popularidade -votación dos internautas, ao través da páxina do A polo Ghit, mentres que a canción gañadora dese concurso ao través da votación do xurado, quedou en 15ª posición no citadoranquin.
Actuacións en Televisión
Co gallo da súa participación en A polo Ghit, Guezos actuou os días 23 e 24 de Xuño do 2006 para a Televisión de Galicia. En concreto, o 23 de Xuño actúa para o programa Luar e o 24 de Xuño (en directo) para o programa En pé de festa En pé de festa.
Tamén, o 24 de Setembro dese ano 2006 actúa para o programa Mundoverbena.
Relacións con outros grupos
Amáis da pertenza de varios dos seus compoñentes a Genu Varu, por coincidencia ou colaboración en actuacións e demáis, e o feito de ter unha batería (eventual) pertencente a ese grupo, teñen vencellos cruzados co grupo Ergom.
Ligazóns externas