Guezos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guezos
Guezos, 2017.
OrixeOurense, Galicia
Período1999 - actualidade
Xénero(s)Pop-Folk-
Rock
MembrosAnxo Fernández
Adrián Beiroa
Roberto Reboiro
Xabier Salgado "Morta"
Modesto Cid "Nes"
Francisco Díaz
Antigos membrosRoi R. do Forno
Arturo Fdez. Tizón
Carlos Rivera "Puntxa"
Pablo Rodríguez
Juan "Fish""
David Quintas"
Rafa "Abuelo" Ullán
Na rede
www.guezos.com
Facebook: GuezosOficial Editar o valor em Wikidata

Guezos é unha banda de rock-pop-folk ourensán, cuxas composicións son moi abertas a calquera estilo, valorando moito as melodías e as harmonías propias do folk e mesturándoas coa potencia do rock. O nome do grupo foi escollido ao chou dun dicionario de Galego/Barallete e significa "Rapaces ou nenos duns 13/14 anos". Tamén é o nome do seu primeiro álbum, que viu a luz no 2001

Historia[editar | editar a fonte]

Guezos (en barallete -antiga fala dos afiadores ourensáns- rapaces, nenos, cativos) naceu en 1999 como proxecto de grupo musical tradicional. Pouco a pouco, o grupo comezou a evolucionar cara o folk, e no 2000 grava a maqueta "Guezos" (convertida posteriormente en álbum), e dá os seus primeiros concertos.

A formación inicial estaba composta por Arturo Fernández, Xabier Domínguez "Morta", Pablo Rodríguez, Roberto Reboiro,Anxo Fernández e Carlos Rivera "Puntxa". Estes comezan a buscaren influencias novas en eidos musicais variados como o Rock ou o Pop, de onde xorde a incorporación dunha guitarra eléctrica ao grupo.

Compoñentes[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

O grupo ten 7 álbums publicados: Guezos (2001), Terradentro (2004), 99-06 (2007), Oito Destinos (2009), "O histérico latexo" (2011), "Zapatos Novos" (2018) e "Un longo camiño" (2014). Sendo 99-06 un recompilatorio onde a maioría dos cortes son gravacións de actuacións en directo.

Guezos (2001) (Maqueta)[editar | editar a fonte]

  • Gravado e producido por: Pedro Feijoo
  • Gravado en: Muu! Estudos (Vigo) e Barra de Cima (Ourense) en setembro de 2001
  • Duración total: 44:41 min:s
  • Temas:
    • 1. Resaca Dominical
    • 2. O brado da Lúa
    • 3. Lévame
    • 4. Enebrote
    • 5. Pedida de man
    • 6. A Rebadaira
    • 7. A miña muliña
    • 8. Loui in tra / A Raiz do Toxo Verde

Terradentro (2004) (Maqueta)[editar | editar a fonte]

  • Gravado e producido por: Pedro Feijoo e Charly Lincoln
  • Gravado en: Muu!! Estudios en Vigo do abril de 2003 e maio de 2004
  • Duración total: 48:31 min:s
  • Temas:
    • 1. Voces
    • 2. Vironte
    • 3. Heite de ver
    • 4. O burro ledo
    • 5. terradentro
    • 6. Ocre
    • 7. O soño
    • 8. Porno reel
    • 9. La ventana (rumba)
    • 10. Whisky e licor
    • 11. Muliña 03

99-06 (2007) (Non editado)[editar | editar a fonte]

  • Temas:
    • 1.- Luintra (directo no Café Teatro Xesteira de Ourense)
    • 2.- Pedida de Man (Directo na Sainza)
    • 3.- A Rebadaira
    • 4.- Brado da Lúa
    • 5.- Terradentro
    • 6.- Whisky e Licor
    • 7.- Ocre
    • 8.- A Miña Muliña (2003)
    • 9.- Porno Reel
    • 10.- A das Festas
    • 11.- Manoliño (Directo no Local Social A REVOLTA de Vigo)
    • 12.- Lévame (Directo na Sainza)

Oito Destinos (2009)[editar | editar a fonte]

  • Temas:
    • 1.- Guezada 69
    • 2.- A Esmorga
    • 3.- Acción-Reacción
    • 4.- Identidade
    • 5.- Todo Perfecto
    • 6.- Vals do Regueiro
    • 7.- Amodo
    • 8.- Terradentro (2009)

O Histérico Latexo (2011)[editar | editar a fonte]

  • Temas:
    • 1.- Musa
    • 2.- Con-su-mismo Swing
    • 3.- Lonxe na Memoria
    • 4.- En Nome de Nada
    • 5.- Morenaca
    • 6.- Boas Novas
    • 7.- Os Roteiros do Tempo
    • 8.- A Forxa
    • 9.- Escoita
    • 10.- Vento Manso

" Un Longo Camiño" (2017)[editar | editar a fonte]

  • Temas:
    • 1. - Gato Negro
    • 2. - Sáhara
    • 3. - Terra dentro
    • 4. - Lévame

" Zapatos Novos" (2018)[editar | editar a fonte]

  • Temas:
    • 1. - Ícaro
    • 2. - The Sailor
    • 3. - Pepiño Malasangre
    • 4. - Botarse a vivir
    • 5. - Déixame entrar
    • 6. - Todo Perfecto (2018)
    • 7. - A Despedida.

Vídeoclips destacados.[editar | editar a fonte]

Directos[editar | editar a fonte]

Segundo o historial da súa web os concertos do grupo comezan no ano 2001, con concertos unicamente na provincia -e cidade- de Ourense. Curiosamente, os primeiros dous concertos que figuran, son fora da cidade (en concreto, en Castro Caldelas o 28 de xullo de 2001 e Graíces, na Peroxa).

Primeira saída fora da provincia[editar | editar a fonte]

A primeira saída fora da provincia foi a Vilaboa (Pontevedra). Logo diso, comezaron a facer concertos en toda Galicia, agás na provincia da Coruña. Como curiosidade, dicir que mesmo deron o primeiro concerto fora de Galicia antes de recalar na provincia da Coruña. O susodito concerto fíxose no Palacio de Congresos de Barcelona, nun festival organizado pola escola de gaitas "Toxos e Xestas" da Cidade Condal. A actuación foi o 8 de marzo do 2003.[Cómpre referencia]

A que foi a súa primeira actuación na provincia coruñesa sería no XXV Festival do Mundo Celta de Ortigueira (Escenario Runas), o 13 de xullo do 2003.[Cómpre referencia]

Participación en festivais e concursos[editar | editar a fonte]

Xa dende o ano 2002, Guezos ten participado en festivais e concursos. O primeiro, foi o 2 de agosto do mencionado ano, no "Festival na Tralla III" en Vilaboa (Pontevedra). Logo viron o II Festival Folk "Serra de Queixa" (Ourense) e o xa citado XXV Festival do Mundo Celta de Ortigueira (ambos no 2003).

No 2004, recuncaron no "Serra de Queixa" -na súa 3ª edición-, preséntanse ao concurso EUROFOLK-J -dentro do Parapanda Folk 2004, celebrado en Montefrío (Granada)-, e a súa primeira participación no Festival FEO (Folk En Ourense).

Logo dun ano sen participación en festivais ou concursos, no 2006, comezaron o ano coa participación no concurso escenario PRAU en Santander (Cantabria), logo, cara o verán, participou no concurso "A polo Ghit" (organizado por Vieiros e mais o programa extrarradio da Radio Galega), quedando de 4ª na votación do xurado e 1º no ranquin de popularidade -votación dos internautas, ao través da páxina do A polo Ghit, mentres que a canción gañadora dese concurso ao través da votación do xurado, quedou en 15ª posición na citada clasificación.

Actuacións en televisión[editar | editar a fonte]

Co gallo da súa participación en A polo Ghit, Guezos actuou os días 23 e 24 de xuño do 2006 para a Televisión de Galicia. En concreto, o 23 de xuño actuou para o programa Luar e o 24 de xuño (en directo) para o programa En pé de festa.[Cómpre referencia]

Tamén, o 24 de setembro dese ano 2006 actúa para o programa Mundoverbena.[Cómpre referencia]

En 2010, Guezos participou cunha entrevista a cargo do músico Xurxo Souto e dúas cancións en directo en formato acústico para o programa da canle V Televisión "Música ambiente". A primeira emisión deste capítulo fíxose o 22 de xullo de 2010,[Cómpre referencia] repetíndose en varias ocasións.

No verán do 2015, o grupo foi escollido para poñerlle música á campaña de Turgalicia de ámbito nacional. O seu tema "Eu son" composto para este anuncio soou en todas as radios e tvs nacionais durante os meses de xullo, setembro e Nadal de 2015.[Cómpre referencia]

Relacións con outros grupos[editar | editar a fonte]

Amais da pertenza de varios dos seus compoñentes a Genu Varu, por coincidencia ou colaboración en actuacións e ademais, e o feito de ter unha batería (eventual) pertencente a ese grupo, teñen vencellos cruzados co grupo Ergom e con Lamatumbá, onde militaban 2 exmembros do grupo: Rafa Ullán e "Puntxa".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]