Henrique IV de Castela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
arranxiños
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4: Liña 4:
Fillo de [[Xoán II de Castela]] e de [[María de Aragón]], e medio irmán de [[Isabel I de Castela|Isabel a Católica]], naceu na desaparecida ''Casa das Aldabas'' da rúa Teresa Gil de Valladolid.
Fillo de [[Xoán II de Castela]] e de [[María de Aragón]], e medio irmán de [[Isabel I de Castela|Isabel a Católica]], naceu na desaparecida ''Casa das Aldabas'' da rúa Teresa Gil de Valladolid.


Á idade de 15 anos casa coa infanta [[Branca_II_de_Navarra|Branca de Navarra]], filla de [[Branca I de Navarra]] e de [[Xoán II de Aragón]], da cal non tivo descendencia. En 1453 e despois de comprobar que Henrique IV non tivera ninguna relación coa súa esposa, o Papa [[Nicolás V]] anulou o matrimonio.
Á idade de 15 anos casa coa infanta [[Branca_II_de_Navarra|Branca de Navarra]], filla de [[Branca I de Navarra]] e de [[Xoán II de Aragón]], da cal non tivo descendencia. En 1453 e despois de comprobar que Henrique IV non tivera ninguna relación coa súa esposa, o Papa [[Nicolao V, papa|Nicolao V]] anulou o matrimonio.


En 1455 casou en segundas nupcias con [[Xoana de Portugal]]. Da unión naceu unha filla, Xoana, lexítima herdeira ao trono, mais a ambición da súa irmá [[Isabel I de Castela|Isabel]] polo poder, fixo que fora acusada de ser filla ilexítima de Xoana de Portugal con [[Beltrán de la Cueva]]; de aí o nome de [[Xoana a Beltranexa|Xoana ''a Beltranexa'']].
En 1455 casou en segundas nupcias con [[Xoana de Portugal]]. Da unión naceu unha filla, Xoana, lexítima herdeira ao trono, mais a ambición da súa irmá [[Isabel I de Castela|Isabel]] polo poder, fixo que fora acusada de ser filla ilexítima de Xoana de Portugal con [[Beltrán de la Cueva]]; de aí o nome de [[Xoana a Beltranexa|Xoana ''a Beltranexa'']].

Revisión como estaba o 7 de xuño de 2008 ás 21:42

Enrique IV de Castela

Henrique IV (nado en Valladolid o 25 de xaneiro de 1425 e falecido en Madrid o 11 de decembro de 1474) foi rei de Castela e de León entre 1454 e 1474, coñecido vulgarmente como Henrique o Impotente.

Fillo de Xoán II de Castela e de María de Aragón, e medio irmán de Isabel a Católica, naceu na desaparecida Casa das Aldabas da rúa Teresa Gil de Valladolid.

Á idade de 15 anos casa coa infanta Branca de Navarra, filla de Branca I de Navarra e de Xoán II de Aragón, da cal non tivo descendencia. En 1453 e despois de comprobar que Henrique IV non tivera ninguna relación coa súa esposa, o Papa Nicolao V anulou o matrimonio.

En 1455 casou en segundas nupcias con Xoana de Portugal. Da unión naceu unha filla, Xoana, lexítima herdeira ao trono, mais a ambición da súa irmá Isabel polo poder, fixo que fora acusada de ser filla ilexítima de Xoana de Portugal con Beltrán de la Cueva; de aí o nome de Xoana a Beltranexa. Na súa época chamábanlle Henrique "O Impotente", por non consumar, supostamente, os seus matrimonios, mais hoxe en día hai quen opina que isto se debía á súa homosexualidade, e que mantiña relacións cos seus favoritos homes sen ninguna dificultade.

Henrique IV no seu reinado quixo restablecer a paz entre a monarquía e os nobres, relación que seu pai deixara ben revolta. Perdooulles aos nobres, pediulles o seu regreso e entregoulles as terras e todos os bens que foran confiscados. A pesar de todas estas melloras, lonxe de agradecer o xesto, os levantamentos da nobreza foron constantes, segundo eles debido ao poder e ao desastre económico ao que os conducía o rei.

Asediado polas revoltas e as exixencias dos nobres, Henrique IV tivo que asinar un tratado polo que nomeaba o seu irmán Afonso lexítimo herdeiro. Tras a morte deste en accidente, Henrique asina coa súa media irmá Isabel o Tratado dos Touros de Guisando, segundo o cal a nomea herdeira, deixando a súa filla Xoana fóra da sucesión, a cambio dalgunhas cuestións, entre as cales está que Isabel non casaría sen a aprobación do rei.

En 1469, o rei, ante o matrimonio secreto entre a súa irmá Isabel e Fernando de Aragón, celebrado en Valladolid, considerou violado o tratado e proclamou a súa filla Xoana como herdeira ao trono, xurando poblicamente que era filla lexítima. Á súa morte, acaecida en 1474, comezou unha guerra civil entre os partidarios de Isabel e os de Xoana a Beltranexa, que se decidiu o 1 de marzo de 1475 na batalla de Toro. En 1479 terminou a guerra quedando Isabel I como raíña de Castela.

Enrique IV xace enterrado no panteón real do Mosteiro de Guadalupe.