Wikipedia:Votacións a burócrata/Eleccións/Usuario:Albert galiza: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
poño data de finalización, como ben sinala Miguel.lima
Lansbricae (conversa | contribucións)
→‎En contra: comentario
Liña 25: Liña 25:


* {{Comentario}} O que si boto en falta é a data de inicio e fin da votación na cabeceira da páxina. [[Usuario:Miguel.lima|Miguel.lima]] 20:19, 18 maio 2008 (UTC)
* {{Comentario}} O que si boto en falta é a data de inicio e fin da votación na cabeceira da páxina. [[Usuario:Miguel.lima|Miguel.lima]] 20:19, 18 maio 2008 (UTC)

----

* {{Comentario}} '''Resposta a Miguel Lima''': Política de administradores xa existe. Que exprese a miña opinión non implica que a miña intención sexa a de bloquear cada cousa sobre a que opino. Eu votei en contra pero votei, non pedín agardar nin pedín que se paralizase nada. Coa miña participación no proxecto non creo terme caracterizado por pretender o bloqueo de nada. A miña opinión e voto en contrario ven determinada pola experiencia que tiven coa figura do burócrata durante o tempo que levo colaborando no proxecto. A primeira actuación dun burócrata que eu observei foi a elección, o 7 de marzo de 2007, dos administradores por parte do burócrata e administrador naquel entonces Prevert: Sobreira, Xosé, Albert galiza, Beninho e Miñato e o nomeamento como burócrata de Xelo2004 [http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Especial%3ALog&type=rights&user=&page=&year=&month=-1], sendo unha decisión persoal como informou o [[usuario:moderador]] (sic) e el mesmo. A seguinte ocasión na que tiven coñecemento do actuar dun burócrata foi cando o usuario Xelo2004 decidiu traspasarlle o status de administrador do [[usuario:moderador]] a un vello relixioso que retornara das misións, aló polos finais de agosto e principios de setembro. A seguinte ocasión foi o nomeamento que decide persoalmente o burócrata xelo2004 de nomear burócrata ao administrador Miñato, que ao tempo é acusado por outro burócrata Lmbuga de xerar o sentimento de estar a dar un golpe de estado [http://gl.wikipedia.org/wiki/Conversa_Usuario:Miñato#Non_vou_dimitir]. Entendo que en todos eses nomeamentos houbo algún tipo de consenso, pero a falta dun sistema público e claro de elección de burócratas creo que é evidente que ten sido un factor moi perxudicial para a estabilidade e convivencia no proxecto.
: En canto ao exposto por Xabier Cid na páxina de conversa de Miguel Lima:

''"Ola, Miguel.lima, xa puxen o sinal de data de remate, que se me esquecera. Síntoo. Grazas por lembrarmo. As eleccións á administración teñen un prazo de 15 días. Por outra parte, e aínda que non están reguladas especificamente as eleccións a burócratas, e tendo o carácter tan particular destas eleccións, entendín que nunca poderían esixir requirimentos máis estritos cós que rexen para a administración, que foron moi elaborados e discutidos, e sobre os que se creou un importante consenso, non só de letra, senón tamén de espírito. En todo caso, e como ti ben dis, se alguén entendese que ese consenso anterior carece de validez agora, habería que pensar na creación dunhas normas particulares. Un saudiño. --Xabier Cid 20:40, 18 maio 2008 (UTC)"'',

lamento disentir en que a política de aprobación dos administradores e o consenso que conlevou non foi tan unánime como sinala e ademais é evidente que ese consenso xa non é o mesmo xa que desde aquela téñense bloquedo para sempre a un editor (Maañón), bloqueado un administrador (Xosé) por un burócrata (por falar onde lle exigiran antes que falase), e acusado (coa mera repetición de insinuacións e sospeitas presentados a modo de indicios de non sei que) ese mesmo administrador de xeito continuado por ese mesmo burócrata e o usuario Prevert ata obter que ese administrador deixe de participar activamente no proxecto. Por isto e algunhas cousas mais considero que non existe un consenso similar ao que había daquela e quero tamén recordar que varios editores non votamos naquela ocasión, abstivémonos para non bloquear a votación, xa que daquela falábase de que se trataba dun acordo de mínimos a completar co tempo.

Por todas estas razóns din a miña opinión e, a pesares de considerar que a forma sempre e modificable, creo que neste caso o feito de non establecer un sistema previamente a elección dun burócrata implicaría a continuación dos erros xa cometidos (claro está sen votación naqueles casos), e que esta elección só vai facer que o proceso endogámico do que é producto a elección de gran parte dos administradores e burócratas deste proxecto aumente.

Por último engadir que si o meu interese fose o de bloquear algo, creo ter aprendido aquí que o mellor xeito de bloquear algo é co silencio (que por desgraza xogou tamén un papel importante nestes últimos tempos). Só dou a minha opinión e pido que como tal se teña en conta sen tentar darlle intencións ocultas de pretender bloquear nada. Se o meu historial serve para xustificar bloqueos, creo que o meu historial tamén debe servir para que se vexa o interés que amosei en traballar no proxecto, non en bloquear nada del. Saúdos. [[User:Lansbricae|Lansbricae]]<sup>[[User talk:Lansbricae| (Ti dirás) ]]</sup> 12:12, 19 maio 2008 (UTC)


====Neutros====
====Neutros====

Revisión como estaba o 19 de maio de 2008 ás 12:12

A pesar de que non existe un procedemento claro para a elección de Burócratas entendo que se deben seguir os mesmos principios e normas que a comunidade acordou para a elección de administradores. Ademais, e dende un punto de vista da responsabilidade, a carga de traballo e as funcións dun burócrata son moito menores cás dun administrador.

Por iso sigo o mesmo procedemento, e despois de consultarlle ao usuario:Albert galiza, e de ter o seu consentimento, gustaríame propolo para o posto de Burócrata, e recadar o apoio da comunidade a través desta votación.

As razóns que me fan propolo son:

  • na actualidade só hai dous burócratas en activo, e non son neste momento concreto os colaboradores máis constantes.
  • a pesar da estima e da reverencia que lles teño aos burócratas actuais, chega o verán, e é máis necesario ter alguén que poida defrontar as tarefas do cargo de burócrata dunha forma constante, ou para facer quendas cos burócratas actuais, aínda que estes labores sexan moitísimo menores cós de administrador.
  • de todas os administradores activos que poderían facerse cargo do posto, creo que Alberte é o que ten unha máis dilatada experiencia e quen esperta unha maior confianza por parte do resto da comunidade. --Xabier Cid 14:43, 18 maio 2008 (UTC)

A favor

  1. Concordo --Xabier Cid 14:43, 18 maio 2008 (UTC)
  2. Concordo --Arco de Rayne 14:51, 18 maio 2008 (UTC)
  3. Concordo --Hugo22 17:00, 18 maio 2008 (UTC)
  4. Concordo Pois nunca dubidei que Alberte actua polo interes do proxecto. Ten toda a miña confianza. O traballo de burocrata non sera moito en cantidade, pero é moito en responsabilidade. ElviraConversa comigo 17:56, 18 maio 2008 (UTC)

En contra

  • Discordo. NON EXISTE POLÍTICA DE ELECCIÓN DE BURÓCRATAS. Na miña opinión nen sequera cumpre cos mínimos necesarios para ser considerado un bo administrador, menos o vexo como burócrata. Non ten adoptado unha posición propia nin neutral en moitos dos acontecementos sucedidos na galipedia. Ten por costume non xustificar as súas actuacións cousa que considero perniciosa en grado máximo para o proxecto, e é partícipe coas súas actuacións de que se vulnerasen as poucas políticas aprobadas pola comunidade ata agora (vid. que hai que facer para pedir a demisión dun administrador e o que se permitiu facer co administrador Xosé). Na miña opinión os seus xeitos de actuar son parte importante na consecuencia de que varios editores "bastante" activos abandonasen a edición activa no proxecto.
A parte de todo isto non entendo esta votación en que se basea, nunha norma inglesa? Un administrador elexido por outro administrador é proposto por outro administrador en base a unha política non existente de elección de burócratras. Un pouco de coherencia ao sistema non lle faría mal ningún. Propor primeiro un sistema de elección de burócratas e despois propor o que se considere. Qué é isto unha aplicación por analoxía da política aprobada para a elección dos administradores? Lansbricae (Ti dirás) 18:29, 18 maio 2008 (UTC)
  • Comentario Penso como Lansbricae que sería bó que tivesemos unha política de elección de administradores, pero tamén vexo que non é bó bloquear cada cousa que precisemos facer ate que teñamos políticas para todo. Si en xeral hai consenso acerca de que o procedemento que se está seguindo é válido, non creo que faga falta que o plasmemos antes nunha política, por motivos operativos. Por min, a non ser que haxa usuarios que teñan problemas con algún punto concreto do procedemento, eu tiraría para adiante. Miguel.lima 20:19, 18 maio 2008 (UTC)
  • Comentario O que si boto en falta é a data de inicio e fin da votación na cabeceira da páxina. Miguel.lima 20:19, 18 maio 2008 (UTC)

  • Comentario Resposta a Miguel Lima: Política de administradores xa existe. Que exprese a miña opinión non implica que a miña intención sexa a de bloquear cada cousa sobre a que opino. Eu votei en contra pero votei, non pedín agardar nin pedín que se paralizase nada. Coa miña participación no proxecto non creo terme caracterizado por pretender o bloqueo de nada. A miña opinión e voto en contrario ven determinada pola experiencia que tiven coa figura do burócrata durante o tempo que levo colaborando no proxecto. A primeira actuación dun burócrata que eu observei foi a elección, o 7 de marzo de 2007, dos administradores por parte do burócrata e administrador naquel entonces Prevert: Sobreira, Xosé, Albert galiza, Beninho e Miñato e o nomeamento como burócrata de Xelo2004 [1], sendo unha decisión persoal como informou o usuario:moderador (sic) e el mesmo. A seguinte ocasión na que tiven coñecemento do actuar dun burócrata foi cando o usuario Xelo2004 decidiu traspasarlle o status de administrador do usuario:moderador a un vello relixioso que retornara das misións, aló polos finais de agosto e principios de setembro. A seguinte ocasión foi o nomeamento que decide persoalmente o burócrata xelo2004 de nomear burócrata ao administrador Miñato, que ao tempo é acusado por outro burócrata Lmbuga de xerar o sentimento de estar a dar un golpe de estado [2]. Entendo que en todos eses nomeamentos houbo algún tipo de consenso, pero a falta dun sistema público e claro de elección de burócratas creo que é evidente que ten sido un factor moi perxudicial para a estabilidade e convivencia no proxecto.
En canto ao exposto por Xabier Cid na páxina de conversa de Miguel Lima:

"Ola, Miguel.lima, xa puxen o sinal de data de remate, que se me esquecera. Síntoo. Grazas por lembrarmo. As eleccións á administración teñen un prazo de 15 días. Por outra parte, e aínda que non están reguladas especificamente as eleccións a burócratas, e tendo o carácter tan particular destas eleccións, entendín que nunca poderían esixir requirimentos máis estritos cós que rexen para a administración, que foron moi elaborados e discutidos, e sobre os que se creou un importante consenso, non só de letra, senón tamén de espírito. En todo caso, e como ti ben dis, se alguén entendese que ese consenso anterior carece de validez agora, habería que pensar na creación dunhas normas particulares. Un saudiño. --Xabier Cid 20:40, 18 maio 2008 (UTC)",

lamento disentir en que a política de aprobación dos administradores e o consenso que conlevou non foi tan unánime como sinala e ademais é evidente que ese consenso xa non é o mesmo xa que desde aquela téñense bloquedo para sempre a un editor (Maañón), bloqueado un administrador (Xosé) por un burócrata (por falar onde lle exigiran antes que falase), e acusado (coa mera repetición de insinuacións e sospeitas presentados a modo de indicios de non sei que) ese mesmo administrador de xeito continuado por ese mesmo burócrata e o usuario Prevert ata obter que ese administrador deixe de participar activamente no proxecto. Por isto e algunhas cousas mais considero que non existe un consenso similar ao que había daquela e quero tamén recordar que varios editores non votamos naquela ocasión, abstivémonos para non bloquear a votación, xa que daquela falábase de que se trataba dun acordo de mínimos a completar co tempo.

Por todas estas razóns din a miña opinión e, a pesares de considerar que a forma sempre e modificable, creo que neste caso o feito de non establecer un sistema previamente a elección dun burócrata implicaría a continuación dos erros xa cometidos (claro está sen votación naqueles casos), e que esta elección só vai facer que o proceso endogámico do que é producto a elección de gran parte dos administradores e burócratas deste proxecto aumente.

Por último engadir que si o meu interese fose o de bloquear algo, creo ter aprendido aquí que o mellor xeito de bloquear algo é co silencio (que por desgraza xogou tamén un papel importante nestes últimos tempos). Só dou a minha opinión e pido que como tal se teña en conta sen tentar darlle intencións ocultas de pretender bloquear nada. Se o meu historial serve para xustificar bloqueos, creo que o meu historial tamén debe servir para que se vexa o interés que amosei en traballar no proxecto, non en bloquear nada del. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 12:12, 19 maio 2008 (UTC)

Neutros