Monosacárido: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
engado estrutura química
Liña 7: Liña 7:
* [[Frutosa]]: tamén chamada levulosa ou azucre de froitas. Está presente, xunto coa glicosa, nas froitas e no [[mel]] (no que é o compoñente principal).
* [[Frutosa]]: tamén chamada levulosa ou azucre de froitas. Está presente, xunto coa glicosa, nas froitas e no [[mel]] (no que é o compoñente principal).


==Estrutura química==
<Gallery>
Imaxe:Glucose-2D-skeletal.png|glicosa
Image:Galaktoza.svg|Galactosa
Imaxe:Fructose.svg|Frutosa
</Gallery>


[[Categoría:Principios inmediatos]]
[[Categoría:Principios inmediatos]]

Revisión como estaba o 8 de marzo de 2008 ás 22:48

Os monosacáridos son os hidratos de carbono máis simples, constituídos por unha cadea de átomos de carbono na que está presente un grupo funcional aldehido (-COH) ou cetona (-CO). No primeiro caso denomínanse aldosas; no segundo, cetosas.

Segundo o número de átomos de carbono, de 3 a 8, os monosacáridos poden ser triosas, tetrosas, pentosas, hexosas, etc. Desde o punto de vista nutritivo, as que máis nos interesan son as hexosas: glicosa, galactosa e frutosa.

  • Glicosa: ou dextrosa (C6H12O6), presente nas froitas e verduras, é a principal fonte de enerxía das células e constitúe o compoñente principal de polímeros estruturais, como a celulosa , e de reserva enerxética, como o amidón.
  • Galactosa: rara na súa forma libre, está presente na lactosa ou azucre do leite, sendo o leite a principal fonte de galactosa da dieta. A lactosa é un disacárido formado por unha molécula de galactosa e outra de glicosa. Tamén se atopa formando outras moléculas complexas, como os glicolípidos e as glicoproteínas das membranas celulares.
  • Frutosa: tamén chamada levulosa ou azucre de froitas. Está presente, xunto coa glicosa, nas froitas e no mel (no que é o compoñente principal).

Estrutura química