Índice de refracción: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xosé (conversa | contribucións)
m c (constante)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
O índice de refracción (n) é unha [[magnitude]] [[física]] [[adimensional]] que relaciona a [[velocidade da luz]] nun medio (v) coa que ten no [[baleiro]] ([[c (constante)|c]]):
Nunha primeira aproximación, pódese dicer que o índice de refracción (n) é unha [[magnitude]] [[física]] [[adimensional]] que relaciona a [[velocidade da luz]] nun medio (v) coa que ten no [[baleiro]] ([[c]]):

n = c/v

En medios non absorbentes, toma valores reais superiores ou iguais a 1 (caso do baleiro, e de xeito aproximado tamén de medios coma o [[aire]]). É, daquela, un factor que dá conta da ralentización que sofre a [[luz]], ou en xeral unha [[onda electromagnética]] nun medio.
Cando se trata de [[medio absorbente|medios absorbentes]], toma valores complexos, presentando unha parte imaxinaria (chamada [[coeficiente de extinción]]) que dá lugar á atenuación exponencial que sofre a luz ao se propagar por este tipo de medios.

O índice de refracción dun medio é distinto para [[radiación]] de diferentes [[frecuencia]]s de oscilación. Isto é a causa da denominada [[dispersión cromática]], que provoca a deformación do perfil temporal dun [[pacote de ondas]] no transcurso do tempo.
Así, cando se considera radiación non [[monocromática]], defínense o índice de fase (''n<sub>f</sub>'') e máis o índice de grupo (''n<sub>g</sub>''), pero tomando como velocidade no medio a [[velocidade de fase]] (''v<sub>f</sub>'') e a [[velocidade de grupo]] (''v<sub>g</sub>'') respectivamente. O índice e a velocidade de fase son diferentes para cada frecuencia, están asociados a cada onda electromagnética que fai parte dun pacote, mentres que o índice e a velocidade de grupo se definen para forneceren unha medida da ralentización e a velocidade do pacote completo.

Como se víu, o índice de refracción ven caracterizar a propagación dunha onda electromagnética nun medio material. Por isto está relacionado tamén coa permitividade eléctrica ''&epsilon;<sub>r</sub>'' e a permeabilidade magnética ''&mu;<sub>r</sub>'' mediante a expresión:

::<math> n=\sqrt{\epsilon_r\mu_r}</math>


:n = c/v


Toma valores reais superiores ou iguais a 1 (caso do baleiro, e de xeito aproximado tamén de medios coma o [[aire]]).


[[Category:Física]]
[[Category:Física]]

Revisión como estaba o 20 de setembro de 2005 ás 16:41

Nunha primeira aproximación, pódese dicer que o índice de refracción (n) é unha magnitude física adimensional que relaciona a velocidade da luz nun medio (v) coa que ten no baleiro (c):

n = c/v

En medios non absorbentes, toma valores reais superiores ou iguais a 1 (caso do baleiro, e de xeito aproximado tamén de medios coma o aire). É, daquela, un factor que dá conta da ralentización que sofre a luz, ou en xeral unha onda electromagnética nun medio. Cando se trata de medios absorbentes, toma valores complexos, presentando unha parte imaxinaria (chamada coeficiente de extinción) que dá lugar á atenuación exponencial que sofre a luz ao se propagar por este tipo de medios.

O índice de refracción dun medio é distinto para radiación de diferentes frecuencias de oscilación. Isto é a causa da denominada dispersión cromática, que provoca a deformación do perfil temporal dun pacote de ondas no transcurso do tempo.

Así, cando se considera radiación non monocromática, defínense o índice de fase (nf) e máis o índice de grupo (ng), pero tomando como velocidade no medio a velocidade de fase (vf) e a velocidade de grupo (vg) respectivamente. O índice e a velocidade de fase son diferentes para cada frecuencia, están asociados a cada onda electromagnética que fai parte dun pacote, mentres que o índice e a velocidade de grupo se definen para forneceren unha medida da ralentización e a velocidade do pacote completo.

Como se víu, o índice de refracción ven caracterizar a propagación dunha onda electromagnética nun medio material. Por isto está relacionado tamén coa permitividade eléctrica εr e a permeabilidade magnética μr mediante a expresión: