Marie Smith Jones: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BOTarate (conversa | contribucións)
m bot Modificado: fr:Marie Smith Jones
m bot Engadido: br:Marie Smith Jones
Liña 13: Liña 13:
[[Category:Últimos falantes|Smith Jones, Marie]]
[[Category:Últimos falantes|Smith Jones, Marie]]


[[br:Marie Smith Jones]]
[[ca:Marie Smith Jones]]
[[ca:Marie Smith Jones]]
[[cv:Мари Смит Джонс]]
[[cv:Мари Смит Джонс]]

Revisión como estaba o 5 de febreiro de 2008 ás 19:53

Marie Smith Jones nada en Cordova o 14 de maio de 1918 e falecida en Anchorage o 21 de xaneiro de 2008, foi a última falante activa de eyak, unha lingua de Alaska.

O seu nome en eyak era Udach' Kuqax*a'a'ch, que significaba un son que chama pola xente dende lonxe.[1] Filla dun mariñeiro, Marie Jones (o seu nome de solteira) traballou dende os 12 anos nunha planta de envasado de conservas. Casou cun mariñeiro, William F. Smith, o 5 de maio de 1948, falante unicamente de inglés e tivo nove fillos, dos que a sobreviviron sete. Porén, non lles aprendeu a falar o eyak a ningún deles. Nos anos setenta mudouse a vivir a Anchorage, e deixou de ter contacto co contorno de poucos falantes que quedaban de eyak. En 1990 faleceu o seu último irmán, e dende aquela non volveu ter contacto con falantes nativos do eyak, e falou a súa lingua unicamente con lingüistas.

Durantes os últimos anos dedicouse ao traballo de gardar e rexistrar a lingua eyak a canda o lingüista Michael Krauss, que é o autor do dicionario e da gramática de eyak. Tamén se dedicou a labores ecoloxistas, de protección do medio ambiente de Alaska, e de reivindicación das linguas e culturas indíxenas de Norteamérica, motivo que a levou a falar nas Nacións Unidas en dúas ocasións. Morreu de causas naturais con 89 anos.

Foi nomeada xefa de honra dos eyak, e tíñase por ser a última persoa con sangue completamente eyak.[2]

Notas