Excalibur: Diferenzas entre revisións
m Cambiando Image -> Imaxe |
m Bot:Formateando 'Imaxe' |
||
Liña 12: | Liña 12: | ||
==A desaparición de Excalibur== |
==A desaparición de Excalibur== |
||
[[ |
[[Imaxe:Bedivere.jpg|230px|thumb|right|Bedivere lanzando a mítica espada á auga. Ilustración de 1894.]] |
||
O relato máis aceptado é aquel que narra que Arturo, moribundo, ordénalle a un dos seus cabaleiros que tire a súa espada a un estanque encantado. Este cabaleiro, que primeiro desobedece e despois acepta a orde de moi mala gana, é chamado [[Girflet]], [[Bedivere]], [[Lanzarote do Lago|Lanzarote]] ou [[Perceval]], segundo o relato. |
O relato máis aceptado é aquel que narra que Arturo, moribundo, ordénalle a un dos seus cabaleiros que tire a súa espada a un estanque encantado. Este cabaleiro, que primeiro desobedece e despois acepta a orde de moi mala gana, é chamado [[Girflet]], [[Bedivere]], [[Lanzarote do Lago|Lanzarote]] ou [[Perceval]], segundo o relato. |
Revisión como estaba o 15 de decembro de 2007 ás 02:02
Excalibur é o nome máis aceptado da espada lendaria do Rei Artur, á que se atribuiron diferentes propiedades extraordinarias ao longo das numerosas versións do mito e as historias subseguintes.
Orixinalmente recibiu outros nomes: Caliburn, nos escritos de Geoffrey de Monmouth; e Caledfwlch, en antigas narracións galesas como Culhwch and Olwen. Esta última é unha palabra que deriva do gaélico antigo "caladbolg", que significaría "espada escintilante".
A partir das narracións de ficción baseadas na mítica personaxe do Rei Artur, a espada Excalibur ten diversas historias asociadas.
A obtención de Excalibur
Existen diversas historias sobre como Artur se fixo posuidor da mítica espada. Geoffrey de Monmouth só di que a mesma foi forxada en Ávalon, sen dar máis detalles.
No Ciclo da Vulgata cóntase que Artur recibe a espada dunha ninfa chamada a Dona do Lago. Porén hai outra historia (máis difundida, mais que de segundo os primeiros escritos non era a orixinal) na cal se conta que Artur obtivo Excalibur ao extraela dunha pedra, e que a espada foi forxada por Merlín. En resumo, Excalibur é a espada máis poderosa que nunca existiu, pois dáballe o poder a quen a posuíra de non ser ferido nunca.
A desaparición de Excalibur
O relato máis aceptado é aquel que narra que Arturo, moribundo, ordénalle a un dos seus cabaleiros que tire a súa espada a un estanque encantado. Este cabaleiro, que primeiro desobedece e despois acepta a orde de moi mala gana, é chamado Girflet, Bedivere, Lanzarote ou Perceval, segundo o relato.
Cando o cabaleiro lanza a espada ao estanque, unha man xorde da superficie da auga, colle a espada e despois desaparece nas profundidades.
Películas
A espada dá nome á película Excalibur sobre o Rei Artur e as súas aventuras, dirixida en 1981 por John Boorman.
Así mesmo, é mencionada noutras películas como Merlin, do director Steve Barron, en 1998, facendo alusión en gran parte ao ciclo da Vulgata.