Xurenzás, Boborás: Diferenzas entre revisións
Xurenzás na cultura popular |
|||
Liña 18: | Liña 18: | ||
Unha lenda busca explicar a orixe do nome de ''Xurenzás''. Conta que un [[mouro (mitoloxía)|mouro]] chamado Zas, que vivía nesta parroquia, se enamorou da filla doutro mouro, que tamén vivía aquí, pero este non llela quixo dar e, para evitar que aquel a tomase, decidiu encantala. Entón, Zas declaroulle a guerra e venceuno, facéndoo prisioneiro. Cando o vencido quixo restaurar a paz, Zas esixiulle un xuramento de obediencia e sometemento ó seu nome. E o vello tivo que aceptar, dicindo: "''Xuro en Zas que estou vencido''". Así quedoulle ó lugar o nome de Xurenzás <ref>Vicente Risco, 320.</ref>. |
Unha lenda busca explicar a orixe do nome de ''Xurenzás''. Conta que un [[mouro (mitoloxía)|mouro]] chamado Zas, que vivía nesta parroquia, se enamorou da filla doutro mouro, que tamén vivía aquí, pero este non llela quixo dar e, para evitar que aquel a tomase, decidiu encantala. Entón, Zas declaroulle a guerra e venceuno, facéndoo prisioneiro. Cando o vencido quixo restaurar a paz, Zas esixiulle un xuramento de obediencia e sometemento ó seu nome. E o vello tivo que aceptar, dicindo: "''Xuro en Zas que estou vencido''". Así quedoulle ó lugar o nome de Xurenzás <ref>Vicente Risco, 320.</ref>. |
||
[[Vítor Vaqueiro]] dá unha segunda versión, na que foi Zas, despois de teimar ante o pai da moza e mesmo intentar comprarlle a filla, quen a encantou, ante o que o pai declaroulle a guerra, aínda que a perdeu. Zas, vencedor, obrigoulle a proferir o xuramento <Vítor Vaqueiro, 521.</ref>. |
[[Vítor Vaqueiro]] dá unha segunda versión, na que foi Zas, despois de teimar ante o pai da moza e mesmo intentar comprarlle a filla, quen a encantou, ante o que o pai declaroulle a guerra, aínda que a perdeu. Zas, vencedor, obrigoulle a proferir o xuramento <ref>Vítor Vaqueiro, 521.</ref>. |
||
==Lugares e parroquias== |
==Lugares e parroquias== |
Revisión como estaba o 27 de marzo de 2022 ás 13:51
Xurenzás | |
---|---|
Martirio de San Sebastián, na igrexa de San Pedro de Xurenzás | |
Concello | Boborás[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°27′52″N 8°08′33″O / 42.4645, -8.1424Coordenadas: 42°27′52″N 8°08′33″O / 42.4645, -8.1424 |
Poboación | 102 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pedro de Xurenzás é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 110 habitantes, deles 55 eran homes e 55 eran mulleres, o que supón un incremento de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Patrimonio
Na igrexa de San Pedro consérvanse dous baldaquinos en pé, a ámbolos lados da nave central. Na parede protexida por estes descubríronse recentemente pinturas góticas representando a San Sebastián e á Virxe.
Xurenzás na cultura popular galega
Unha lenda busca explicar a orixe do nome de Xurenzás. Conta que un mouro chamado Zas, que vivía nesta parroquia, se enamorou da filla doutro mouro, que tamén vivía aquí, pero este non llela quixo dar e, para evitar que aquel a tomase, decidiu encantala. Entón, Zas declaroulle a guerra e venceuno, facéndoo prisioneiro. Cando o vencido quixo restaurar a paz, Zas esixiulle un xuramento de obediencia e sometemento ó seu nome. E o vello tivo que aceptar, dicindo: "Xuro en Zas que estou vencido". Así quedoulle ó lugar o nome de Xurenzás [2].
Vítor Vaqueiro dá unha segunda versión, na que foi Zas, despois de teimar ante o pai da moza e mesmo intentar comprarlle a filla, quen a encantou, ante o que o pai declaroulle a guerra, aínda que a perdeu. Zas, vencedor, obrigoulle a proferir o xuramento [3].
Lugares e parroquias
Lugares de Xurenzás
Lugares da parroquia de Xurenzás no concello ourensán de Boborás | |
---|---|
Ensalde | O Igrexario | A Ponte Nova | O Prado | Valboa | Ventosa | Xurenzás |
Parroquias de Boborás
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ Vicente Risco, 320.
- ↑ Vítor Vaqueiro, 521.
Véxase tamén
Bibliografía
- RISCO, Vicente: "Cultura espritual", en Historia de Galiza tomo I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777).
- VAQUEIRO, Vítor: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, Galaxia, Vigo 2011.