Conversa usuario:Ourol: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 45: Liña 45:
::Vale, un detalle, hai varios niveis de desrecomendacións, non é o mesmo que as universidades desrecomenden algo a que o faga a RAG, e os cambios que fixen en Chile ningún está desrecomendado pola RAG, todo o contrario, di literalmente que son sinónimos.. :)
::Vale, un detalle, hai varios niveis de desrecomendacións, non é o mesmo que as universidades desrecomenden algo a que o faga a RAG, e os cambios que fixen en Chile ningún está desrecomendado pola RAG, todo o contrario, di literalmente que son sinónimos.. :)
::E todo o contrario, é moito mellor que se corrixa o que está incorrecto, onde vai parar, pero cun pouco de tino, iso si :)
::E todo o contrario, é moito mellor que se corrixa o que está incorrecto, onde vai parar, pero cun pouco de tino, iso si :)
::Interésame o tema do estudo dos traductores automáticos, se se publica nalgún sitio en aberto gustaríame botarlle unha ollada se é posible. E xa que me comentas iso tes que ter en conta que moitos dos artigos da wiki non son traducións automáticas, moitas son traducións feitas manualmente polos editores, e vanse facendo cada unha co nivel de galego propio de cada usuario, outros moitos son artigos con contidos totalmente propios da Gali. Se queres revisar artigos que proveñen dunha tradución, que non é automática se non que é asistida cun tradutor automático e revisada polo usuario, podes atopalos na categoría [[:Categoría:Wikipedia:Artigos traducidos doutras Wikipedias]]. Non están todos os que se fan, pero todos os que están aí si veñen de traducións. Moitas desas traducións fanse coa utilidade da ferramenta do Tradutor de artigos (se non a coñeces e queres máis info sobre o trebello avisa e cóntoche algo máis, non me quero enlear :). Ah, outra cousa, as traducións automáticas sen revisión polo usuario non están permitidas na Gali e cando se detectan márcanse para que se amañen e se durante uns días non melloran, bórranse.
::Interésame o tema do estudo dos tradutores automáticos, se se publica nalgún sitio en aberto gustaríame botarlle unha ollada se é posible. E xa que me comentas iso tes que ter en conta que moitos dos artigos da wiki non son traducións automáticas, moitas son traducións feitas manualmente polos editores, e vanse facendo cada unha co nivel de galego propio de cada usuario, outros moitos son artigos con contidos totalmente propios da Gali. Se queres revisar artigos que proveñen dunha tradución, que non é automática se non que é asistida cun tradutor automático e revisada polo usuario, podes atopalos na categoría [[:Categoría:Wikipedia:Artigos traducidos doutras Wikipedias]]. Non están todos os que se fan, pero todos os que están aí si veñen de traducións. Moitas desas traducións fanse coa utilidade da ferramenta do Tradutor de artigos (se non a coñeces e queres máis info sobre o trebello avisa e cóntoche algo máis, non me quero enlear :). Ah, outra cousa, as traducións automáticas sen revisión polo usuario non están permitidas na Gali e cando se detectan márcanse para que se amañen e se durante uns días non melloran, bórranse.
::E si, puxen as cursivas para que se entendera mellor que era o texto orixinal, pero agora estou a decatarme que se podería poñer a tradución e unha nota indicando o texto orixinal, creo que llo vou cambiar cando teña outro momento.
::E si, puxen as cursivas para que se entendera mellor que era o texto orixinal, pero agora estou a decatarme que se podería poñer a tradución e unha nota indicando o texto orixinal, creo que llo vou cambiar cando teña outro momento.
::Sobre arrefriador, que xa amañei, entendo que pode ser un termo correcto xa que se deriva do verbo, non sei por que non está no DRAG pero tamén é certo que non todos os termos se atopan aí, se pensas que pode haber un problema buscamos a forma de cambialo. Saúdos, [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 16 de decembro de 2021 ás 10:59 (UTC)
::Sobre arrefriador, que xa amañei, entendo que pode ser un termo correcto xa que se deriva do verbo, non sei por que non está no DRAG pero tamén é certo que non todos os termos se atopan aí, se pensas que pode haber un problema buscamos a forma de cambialo. Saúdos, [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 16 de decembro de 2021 ás 10:59 (UTC)

Revisión como estaba o 16 de decembro de 2021 ás 11:00

Dámosche a benvida á Galipedia, Ourol!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --RubenWGA (conversa) 17 de novembro de 2021 ás 20:00 (UTC)[responder]

Revisións ortográficas

Boas Ourol, moitas grazas polas revisións ortográficas que estás a facer, é un gran traballo. Porén atopo que algúns dos cambios que fas non son axeitados, por exemplo na revisión que acabo de facer do artigo Chile cambiaches varios termos correctos segundo o DRAG por termos que son sinónimos. Isto non debe facerse, se un termo é correcto debe respectarse a escolla que fixera o editor do artigo, é unha das normas da Galipedia que se atopa en Wikipedia:Libro_de_estilo#Variantes_galegas. Supoño que non a coñecías ou non te decataches dela, non te preocupes, non pasa nada, todo se pode amañar na wiki, tan só ten iso en conta para as seguintes edicións :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de decembro de 2021 ás 12:40 (UTC)[responder]

Ola, grazas polos comentarios. Certamente, algún fallo haberá, porque hai expresións que aínda non sendo "moi galegas", e desrecomendadas pola USC, a UV ou a Un. da Cor, están aceptadas pola RAG, co cal algunha vez cólanseme. É verdade que porque estea desrecomendado non quer dicir que non sexa válido. E, por suposto, en calquera caso, se preferides que non corrixa, xa me dis, realmente estouno facendo á par de que fago un estudo sobre o "biasing" de vocabulario por culpa do uso dos tradutores automático, que sofren farios media así como a wiki. Saúdos —o anterior comentario sen asinar foi feito por Ourol (conversacontribucións) 15 de decembro de 2021 ás 14:41
Acabo de ver: 1) no de "querida chusma" fixeche trampa :-) porque antes non figuraba en cursiva, e xa que logo, entendíase que era traducido. Se lle pos cursiva, claro, xa non admite tradución, pero aí quen mudou o que estaba posto realmente foches ti, ;-) —o anterior comentario sen asinar foi feito por Ourol (conversacontribucións) 15 de decembro de 2021 ás 14:45
2) "arref(r)iador" non o atopo no dicionario RAG, logo non vexo o problema da corrección, pero se ti o ves non pasa nada —o anterior comentario sen asinar foi feito por Ourol (conversacontribucións) 15 de decembro de 2021 ás 14:48
Vale, un detalle, hai varios niveis de desrecomendacións, non é o mesmo que as universidades desrecomenden algo a que o faga a RAG, e os cambios que fixen en Chile ningún está desrecomendado pola RAG, todo o contrario, di literalmente que son sinónimos.. :)
E todo o contrario, é moito mellor que se corrixa o que está incorrecto, onde vai parar, pero cun pouco de tino, iso si :)
Interésame o tema do estudo dos tradutores automáticos, se se publica nalgún sitio en aberto gustaríame botarlle unha ollada se é posible. E xa que me comentas iso tes que ter en conta que moitos dos artigos da wiki non son traducións automáticas, moitas son traducións feitas manualmente polos editores, e vanse facendo cada unha co nivel de galego propio de cada usuario, outros moitos son artigos con contidos totalmente propios da Gali. Se queres revisar artigos que proveñen dunha tradución, que non é automática se non que é asistida cun tradutor automático e revisada polo usuario, podes atopalos na categoría Categoría:Wikipedia:Artigos traducidos doutras Wikipedias. Non están todos os que se fan, pero todos os que están aí si veñen de traducións. Moitas desas traducións fanse coa utilidade da ferramenta do Tradutor de artigos (se non a coñeces e queres máis info sobre o trebello avisa e cóntoche algo máis, non me quero enlear :). Ah, outra cousa, as traducións automáticas sen revisión polo usuario non están permitidas na Gali e cando se detectan márcanse para que se amañen e se durante uns días non melloran, bórranse.
E si, puxen as cursivas para que se entendera mellor que era o texto orixinal, pero agora estou a decatarme que se podería poñer a tradución e unha nota indicando o texto orixinal, creo que llo vou cambiar cando teña outro momento.
Sobre arrefriador, que xa amañei, entendo que pode ser un termo correcto xa que se deriva do verbo, non sei por que non está no DRAG pero tamén é certo que non todos os termos se atopan aí, se pensas que pode haber un problema buscamos a forma de cambialo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de decembro de 2021 ás 10:59 (UTC)[responder]

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa

Ola Ourol. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa. Ti, por exemplo, deixaches unha mensaxe sen asinar en "Conversa usuario:Ourol".

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 15 de decembro de 2021 ás 13:54 (UTC)[responder]

ok, grazas por avisar--Ourol (conversa) 15 de decembro de 2021 ás 14:12 (UTC)[responder]