Amoco Cadiz: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8
Liña 26: Liña 26:
===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===
{{Commons|Amoco Cadiz (ship, 1974)}}
{{Commons|Amoco Cadiz (ship, 1974)}}
* [http://www.itopf.com/information-services/data-and-statistics/case-histories/alist.html#amoco Informe do ITOPF] (The International Tanker Owners Pollution Federation) {{en}}
* [http://www.itopf.com/information-services/data-and-statistics/case-histories/alist.html#amoco Informe do ITOPF] {{Webarchive|url=https://www.webcitation.org/69om4EJqO?url=http://www.itopf.com/information-services/data-and-statistics/case-histories/alist.html#amoco |date=10 de agosto de 2012 }} (The International Tanker Owners Pollution Federation) {{en}}
* [http://www.ina.fr/economie-et-societe/environnement-et-urbanisme/video/I04294745/portsall-breves-images-de-l-amoco-cadiz-qui-a-fait-naufrage-et-provoque-une-maree-noire.fr.html Vídeo sobre o Amoco Cadiz varado] {{fr}}
* [http://www.ina.fr/economie-et-societe/environnement-et-urbanisme/video/I04294745/portsall-breves-images-de-l-amoco-cadiz-qui-a-fait-naufrage-et-provoque-une-maree-noire.fr.html Vídeo sobre o Amoco Cadiz varado] {{fr}}
* [https://web.archive.org/web/20120304170002/http://www.marees-noires.com/fr/outils/amoco-plus-grande-maree-noire.pdf ''L'Amoco Cadiz: la plus grande marée noire'', informe pedagóxico sobre a marea negra do ''Amoco Cadiz''] (Póster dispoñible en formato PDF) {{fr}}
* [https://web.archive.org/web/20120304170002/http://www.marees-noires.com/fr/outils/amoco-plus-grande-maree-noire.pdf ''L'Amoco Cadiz: la plus grande marée noire'', informe pedagóxico sobre a marea negra do ''Amoco Cadiz''] (Póster dispoñible en formato PDF) {{fr}}

Revisión como estaba o 28 de xullo de 2021 ás 07:06

O Amoco Cadiz partido no intre do afundimento.

O Amoco Cadiz foi un superpetroleiro do tipo VLCC (Very Large Crude Carrier) que encallou nas costas de Bretaña o 16 de marzo de 1978, causando unha gravísima marea negra, un dos maiores desastres ambientais da historia, precedente da que causaría o Erika vinte anos máis tarde.

Descrición

O buque foi construído en 1974 nos estaleiros de Puerto Real, en Cádiz. Pertencía á compañía norteamericana Amoco Transport, filial da Standard Oil, aínda que navegaba baixo bandeira de Liberia.

Medía 334,02 metros de eslora, 51,06 m de manga e 19,80 m de calado. A súa potencia era de 30.400 cv (22,700 kW) e transportaba unha carga de 227.000 toneladas de petróleo cru desde o Golfo Pérsico cara a Rotterdam

Accidente

Na mañá do 16 de marzo de 1978, o petroleiro atópase baixo os efectos dunha forte tormenta mentres navega fronte ás costas de Bretaña. Ás 9.45 horas, estando a 7,5 millas ó norte da illa de Ouessant, sofre unha avaría e perde a manobrabilidade, polo que pide auxilio. Como consecuencia, deriva en dirección á costa. Tras unhas negociacións co remolcador Alemán Pacific, que o CEDRE cualifica como difíciles [1], non se lle dá amarre ata as 13.30 horas, pero o amarre rompe e deben intentalo ata catro veces para recuperalo. Con todo, non se consegue evitar que o casco rompa á metade tres horas máis tarde nin que encalle nas rochas de Portsall ás 22 horas. Xa na madrugada do 17 son evacuados 42 tripulantes e máis tarde, ás 5 horas, os dous restantes.

A totalidade da carga vértese sobre a costa durante as dúas semanas seguintes, provocando unha marea negra que afecta un total de 360 km, entre Brest e Saint Brieuc.

Impacto medioambiental

Marea negra do Amoco Cadiz.

A marea negra afectou costas de diversos tipos provocando a morte masiva de moluscos e diferentes especies bentónicas. As áreas de cultivo de ostras establecidas nesa zona costeira resultarton directamente afectadas, e houbo que destruír un total de 9.000 toneladas deste molusco (por estar contaminado ou para protexer a confianza dos consumidores). Calcúlase nunhas 20.000 as aves petroleadas recollidas. As perdas nos sectores pesqueiro e turístico tamén foron cuantiosas.

Ata ese momento, a catástrofe foi a maior marea negra da historia do mundo e representou o comezo dunha nova época na loita contra a contaminación mariña. No caso de Francia, o accidente promoveu a creación ese mesmo ano do CEDRE (Centro de Documentación, de Investigación e de Experimentación sobre a Contaminación Accidental das Augas [1]).

O accidente serviu para aprender e desenvolver métodos de loita contra a contaminación mariña por hidrocarburos. Puxo de manifesto o diferente comportamento dos hidrocarburos segundo o tipo de costa que sofre o vertido, sexa rochosa, praias ou esteiros, e posibles erros cometidos nas tarefas de limpeza que, por veces, causaban máis dano que beneficio. Foi, de feito, un dos vertidos de petróleo máis estudados no seu momento.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Notas

  1. O armador, Bugsier, contactara con outro remolcador, o Simson, máis potente (16.000 cabalos, fronte ós 10.000 do Pacific).