Steve McCurry: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 24: Liña 24:
* [http://stevemccurry.com/ Páxina web oficial] {{En}}
* [http://stevemccurry.com/ Páxina web oficial] {{En}}


{{ORDENAR:McCurry, Steve}}
[[Categoría:Nados en 1950]]
[[Categoría:Nados en 1950]]
[[Categoría:Fotoxornalistas]]
[[Categoría:Fotoxornalistas]]

Revisión como estaba o 20 de abril de 2021 ás 20:32

Infotaula de personaSteve McCurry

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de abril de 1950
Filadelfia, Pensilvania, Estados Unidos
Datos persoais
País de nacionalidadeEstadounidense
EducaciónUniversidade Estatal de Pensilvania
Actividade
OcupaciónFotógrafo
EmpregadorMagnum Photos
Membro de
Magnum Photos (1986–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios
Sinatura

Páxina webwww.stevemccurry.com
IMDB: nm3971852 Facebook: stevemccurrystudios Twitter: McCurryStudios Instagram: stevemccurryofficial Youtube: UCX9HCf7PhHJRC8qhgPvU_9w Discogs: 2263621 Editar o valor em Wikidata


Steve McCurry, nado o 23 de abril de 1950 en Filadelfia, é un fotógrafo estadounidense, mundialmente coñecido por ser autor da fotografía A nena afgá, publicada na portada da revista National Geographic en xuño de 1985.[1] É membro da axencia Magnum dende 1986.[2]

McCurry recibiu numerosos premios, entre eles o Fotógrafo de Revista do Ano, outorgado pola National Press Photographers Association, ou a Medalla do Centenario da Royal Photographic Society. Amais, dúas das súas fotografías foron seleccionadas no primeiro posto do concurso World Press Photo.

Biografía

Estudos

Comezou estudando Historia da Cinematografía e Cinematografía na Universidade Estatal de Pensilvania en 1968, pero rematou conseguindo o diploma en Artes Escénicas, graduánduse cum laude en 1974. Interesouse enormemente pola fotografía cando comezou a tomar imaxes para un xornal de Pensilvania, coñecido como The Daily Collegian.

Carreira fotográfica

A súa carreira como fotógrafo comeza coa cobertura da guerra de Afganistán, alí disfrazouse coa vestimenta do país para pasar inadvertido ao traballar, e coseu os carretes á roupa para poder sacalos do país. As súas imaxes estiveron entre as primeiras que retrataron o conflito e tiveron unha ampla circulación. Este traballo fixo que en 1980 gañara a Medalla de Ouro Robert Capa á mellor reportaxe fotográfica no estranxeiro.

McCurry continuou cubrindo conflitos internacionais, como a guerra entre Irán e Iraq ou a guerra do golfo. O seu traballo foi publicado en revistas en todo o mundo, sendo un colaborador habitual de National Geographic.

Notas

  1. Wallis Simons, Jake. "The story behind the world's most famous photograph". CNN (en inglés). 
  2. "It's all mixed: an interview with Steve McCurry". GUP Magazine (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2016. 

Véxase tamén

Ligazóns externas