Iolao: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 6: Liña 6:

A lenda conta que a esposa de [[Zeus]], [[Hera]] (que perseguía ás amantes e fillos de Zeus), mandou a Heracles un ramo de loucura, e nese estado este matou ós seus fillos, e mais dous dos fillos de Ificles. Ificles conseguiu salvar a Iolao e á esposa de Heracles, [[Mégara (esposa de Heracles)|Mégara]] <ref>.[[Higino]] dá outra versión, segundo a cal Heracles matou ós fillos e tamén a Mégara (Higino: ''Fábulas mitológicas'' 32, 1-2.).</ref>

Tras matar os fillos recuperou a razón e, ó ver o crime cometido, Heracles exiliouse e cedeu a Mégara a Iolao, coa que tivo unha filla, [[Leipefilena]].

Iolao acompañou a Heracles a matar a [[Hidra de Lerna]], no contexto dos [[os doce traballos de Heracles|doce traballos]] que este tivo que realizar ó mandado do seu tío [[Euristeo]] para poder ser purificado tralo asasinato dos seus fillos. A Hidra tiña a propiedade de rexenerar as súas múltiples cabezas se eran cortadas, polo que, mentres Heracles as ía cortando, Iolao ía cauterizando o corte do pescozo con tizóns sacados dun bosque próximo ó que prendeu lume.

{{cita|"''Heracles, polo tanto, chegou a Lerna montado nun carro conducido por Iolao ... Chamou na súa axuda a Iolao, que prendeu lume a unha parte dun bosque próximo e, queimando cos tizóns os tocos das cabezas, impediu que brotasen de novo''".|(Pseudo-Apolodoro: ''Biblioteca mitológica'' II, 5, 2.)}}

Heracles mandou a Iolao a [[Sardeña]] ó mando dalgúns dos fillos que tivera coas cincuenta fillas de [[Tespio]], co encargo de fundar alí unha colonia. Iolao conquistou as mellores terras da illa e civilizou ós seus habitantes, polo que chegaría a ser adorado por estes. Posteriormente volveu con Heracles pouco antes da morte deste e algunhas fontes din que foi el quen prendeu a pira funeraria na que se inmolou o heroe, se ben se adoita atribuír esta acción a [[Filoctetes]], un dos compañeiros de Heracles.

== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 11 de xaneiro de 2021 ás 16:35

Iolao e Heracles, nun mosaico romano do s. I (Ninfeo de Anzio)

Na mitoloxía grega, Iolao era o fillo de Ificles e Automedusa, sobriño de Heracles e un dos compañeiros deste, a quen aparece conducindo o carro. Para Plutarco e Eurípides puido ser un amante de Heracles.

A lenda conta que a esposa de Zeus, Hera (que perseguía ás amantes e fillos de Zeus), mandou a Heracles un ramo de loucura, e nese estado este matou ós seus fillos, e mais dous dos fillos de Ificles. Ificles conseguiu salvar a Iolao e á esposa de Heracles, Mégara [1]

Tras matar os fillos recuperou a razón e, ó ver o crime cometido, Heracles exiliouse e cedeu a Mégara a Iolao, coa que tivo unha filla, Leipefilena.

Iolao acompañou a Heracles a matar a Hidra de Lerna, no contexto dos doce traballos que este tivo que realizar ó mandado do seu tío Euristeo para poder ser purificado tralo asasinato dos seus fillos. A Hidra tiña a propiedade de rexenerar as súas múltiples cabezas se eran cortadas, polo que, mentres Heracles as ía cortando, Iolao ía cauterizando o corte do pescozo con tizóns sacados dun bosque próximo ó que prendeu lume.

"Heracles, polo tanto, chegou a Lerna montado nun carro conducido por Iolao ... Chamou na súa axuda a Iolao, que prendeu lume a unha parte dun bosque próximo e, queimando cos tizóns os tocos das cabezas, impediu que brotasen de novo".
(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica II, 5, 2.)

Heracles mandou a Iolao a Sardeña ó mando dalgúns dos fillos que tivera coas cincuenta fillas de Tespio, co encargo de fundar alí unha colonia. Iolao conquistou as mellores terras da illa e civilizou ós seus habitantes, polo que chegaría a ser adorado por estes. Posteriormente volveu con Heracles pouco antes da morte deste e algunhas fontes din que foi el quen prendeu a pira funeraria na que se inmolou o heroe, se ben se adoita atribuír esta acción a Filoctetes, un dos compañeiros de Heracles.

Notas

  1. .Higino dá outra versión, segundo a cal Heracles matou ós fillos e tamén a Mégara (Higino: Fábulas mitológicas 32, 1-2.).