Mango: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: +control autoridades using AWB
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
 
Liña 5: Liña 5:


== Características e tipos ==
== Características e tipos ==
Os mangos poden estar adaptados á forma da man ou ser simplemente lisos, e poden ser dun material distinto ó da ferramenta para a que serven (á que normalmente se lle chama '''cabeza''' por oposición, sobre todo no [[Machada|machado]], aínda que tamén recibe o nome de '''dentes''', '''punta''' ou '''gume''') ou do mesmo material. Este material adoita ser madeira nas ferramentas máis tradicionais ([[martelo]], machado, [[angazo]], [[mallo]] ou [[arado]]), pero pode ser ferro (por exemplo nos [[Xogo de cubertos|cubertos]]) ou plástico nas máis modernas ([[desparafusador]]). Porén, non tódolos extremos cos que se manexa unha ferramenta son un '''mango''': por exemplo, na [[espada]] ou na [[gadaña]] chámaselle normalmente '''empuñadura'''.
Os mangos poden estar adaptados á forma da man ou ser simplemente lisos, e poden ser dun material distinto ó da ferramenta para a que serven (á que normalmente se lle chama '''cabeza''' por oposición, sobre todo no [[Machada|machado]], aínda que tamén recibe o nome de '''dentes''', '''punta''' ou '''gume''') ou do mesmo material. Este material adoita ser madeira nas ferramentas máis tradicionais ([[martelo]], machado, [[angazo]], [[mallo]] ou [[arado]]), pero pode ser ferro (por exemplo nos [[Xogo de cubertos|cubertos]]) ou plástico nas máis modernas ([[desaparafusador]]). Porén, non tódolos extremos cos que se manexa unha ferramenta son un '''mango''': por exemplo, na [[espada]] ou na [[gadaña]] chámaselle normalmente '''empuñadura'''.


Na actualidade, o deseño dos mangos ten grande importancia debido a que é a parte coa que se manexa a ferramenta en cuestión e a superficie que entra en contacto coa man: así, por exemplo nas potas ou no manexo de material corrosivo, adoitan considerar medidas de seguridade para evitar accidentes de traballo. O deseño consciente dos mangos para maior comodidade e seguridade do usuario entra dentro da [[ergonomía]].
Na actualidade, o deseño dos mangos ten grande importancia debido a que é a parte coa que se manexa a ferramenta en cuestión e a superficie que entra en contacto coa man: así, por exemplo nas potas ou no manexo de material corrosivo, adoitan considerar medidas de seguridade para evitar accidentes de traballo. O deseño consciente dos mangos para maior comodidade e seguridade do usuario entra dentro da [[ergonomía]].

Revisión actual feita o 23 de xullo de 2020 ás 10:52

Para a froita ver o artigo manga

Mango dunha paleta
Mango dun serrón

O mango[1] ou cabo[2] é o lugar onde se prende unha ferramenta coa man. Estas ferramentas poden ser de pequeno tamaño como o coitelo, medianos como a fouce ou a francisca ou grandes como a forcada.

Características e tipos[editar | editar a fonte]

Os mangos poden estar adaptados á forma da man ou ser simplemente lisos, e poden ser dun material distinto ó da ferramenta para a que serven (á que normalmente se lle chama cabeza por oposición, sobre todo no machado, aínda que tamén recibe o nome de dentes, punta ou gume) ou do mesmo material. Este material adoita ser madeira nas ferramentas máis tradicionais (martelo, machado, angazo, mallo ou arado), pero pode ser ferro (por exemplo nos cubertos) ou plástico nas máis modernas (desaparafusador). Porén, non tódolos extremos cos que se manexa unha ferramenta son un mango: por exemplo, na espada ou na gadaña chámaselle normalmente empuñadura.

Na actualidade, o deseño dos mangos ten grande importancia debido a que é a parte coa que se manexa a ferramenta en cuestión e a superficie que entra en contacto coa man: así, por exemplo nas potas ou no manexo de material corrosivo, adoitan considerar medidas de seguridade para evitar accidentes de traballo. O deseño consciente dos mangos para maior comodidade e seguridade do usuario entra dentro da ergonomía.

Notas[editar | editar a fonte]