Forcada
Unha forcada é un apeiro agrícola formado por un mango longo rematado en entre tres e seis gallas garruchas e longas, amplamente separadas e cos extremos punzantes.[1] Estas gallas adoitan ser redondas e finas, mais tamén poden ser planas, como as do raño ou a picaña. As forcadas tradicionais eran completamente de madeira, feitas aproveitando unha póla de árbore que se separase en tres a partir dun mesmo nó. Na actualidade, os dentes son metálicos e dispóñense en paralelo.
Esta ferramenta adoita usarse para levantar e transportar materiais a eito como palla, follas mortas, esterco etc.
Sinonimia
[editar | editar a fonte]En galego existen numerosos sinónimos para designar este apeiro: colmeira,[2] forca,[3] forcado,[4] forcanza,[5] forquita[6] (cando é pequena, con dous gallos), furquito, galleta,[7] galleto,[8] gancha,[9] benlo ou guita.[10]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para forcada.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para colmeira.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para forca.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para forcado.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para forcanza.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para forquita.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para galleta.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para galleto.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gancha.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para guita.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Forcada |