Célula vexetal: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:Plant cell structure svg gl.svg|miniatura|dereita|400px|Diagrama coa estrutura dunha célula vexetal]] |
[[Ficheiro:Plant cell structure svg gl.svg|miniatura|dereita|400px|Diagrama coa estrutura dunha célula vexetal]] |
||
[[Ficheiro:Scheme Chloroplast-gl.svg|miniatura|O [[cloroplasto]] é un orgánulo vexetal onde se realiza a fotosíntese. Algunhas células de plantas poden ter outro tipo de [[plastidio]]s.]] |
|||
⚫ | |||
[[Ficheiro:Plant cell structure svg vacuole.svg|miniatura|Os vacúolos de gran tamaño son característicos da célula vexetal. Ás veces ocupan o 90% do volume celular.]] |
[[Ficheiro:Plant cell structure svg vacuole.svg|miniatura|Os vacúolos de gran tamaño son característicos da célula vexetal. Ás veces ocupan o 90% do volume celular.]] |
||
⚫ | |||
== Características == |
== Características == |
||
Este tipo de célula diferénciase das [[Célula animal|células eucariotas animais]] por varias razóns: |
Este tipo de célula diferénciase das [[Célula animal|células eucariotas animais]] por varias razóns: |
Revisión como estaba o 10 de xullo de 2020 ás 11:46
A célula eucariota vexetal é unha un célula eucariota complexa pola razón de ter un núcleo celular limitado por membranas.
Características
Este tipo de célula diferénciase das células eucariotas animais por varias razóns:
- As células eucariotas animais teñen un orgánulo chamado centríolo que pola súa contra non teñen as células eucariotas vexetais.
- As células eucariotas vexetais teñen tamén un orgánulo exclusivo chamado cloroplasto (ou outros tipos de plastidios).
- As células eucariotas vexetais teñen vacúolos moito máis grandes que as células eucariotas animais.
- As células eucariotas vexetais teñen unha capa exterior protectora chamada parede celular que as células eucariotas animais non teñen. A rixidez desta parede impide que teñan expansións da membrana permanentes (por exemplo microvilosidades) ou transitorias (pseudópodos) e imposibilita a fagocitose, que si se observan na célula animal.
- As células vexetais están comunicadas coas veciñas por medio de plasmodesmos, que son poros na parede celular. As unións celulares que se observan na célula animal non están presentes na vexetal.
- As células eucariotas animais acostuman a ter un órganulo chamado lisosoma que non é moi habitual ver nas células eucariotas vexetais, nas que ten características diferentes.
- Os cilios e flaxelos son frecuentes en células animais, pero case nunca existen na vexetal (só nalgúns gametos de musgos e fentos).
- O citoesqueleto carece de filamentos intermedios, que teñen moitas células animais.
- As células eucariotas animais só fan a respiración celular mitocondrial, en troques as células eucariotas vexetais fan a respiración celular mitocondrial e mais a fotosíntese nos cloroplastos.
- A citocinese (separación das células fillas na división celular) ten lugar na célula vexetal por medio da formación dun fragmoplasto e non por estrangulamento como na célula animal.
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |