Escala (cartografía): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Espazos
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 30: Liña 30:
== Notas ==
== Notas ==
{{Listaref}}
{{Listaref}}

== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===
* {{cita libro| apelidos= Saavedra Droguett|nome=Camila | título = Escala (cartografía)|data= 2008| lugar= Chile|editorial=Saint thomas| id = ISBN 84-9732-428-6}}


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

Revisión como estaba o 17 de maio de 2020 ás 10:43

Mapa topográfico onde se indica unha escala de redución 1:250 000, o que significa que cada centímetro no mapa físico son 2,5 km na realidade.

A escala é a relación de proporción entre as dimensións reais dun obxecto e as do debuxo que o representa, por exemplo, se unha escala indica unha proporción 1:15000 significa que un centímetro do mapa representa 15 000 na vida real.

Representación

As escalas escríbense en forma de razón onde o antecedente indica o valor do plano e o consecuente o valor da realidade. Por exemplo, a escala 1:500 significa que 1 cm do plano equivale a 500 cm (5 m) no orixinal.

Se o que se desexa medir do debuxo é unha superficie, haberá que ter en conta a relación de áreas de figuras semellantes, por exemplo un cadrado de 1 cm de lado no debuxo ou plano.

Tipos de escalas

Existen tres tipos de escalas chamadas:

  • Escala natural: o tamaño físico do obxecto representado no plano coincide coa realidade. Existen varios formatos normalizados de planos para procurar ocupar espazos de redución.
  • Escala de redución: emprégase cando o tamaño físico do plano é menor que a realidade. Esta escala utilízase para representar pezas (E.1:2 ou E.1:5), planos de vivendas (E:1:50), mapas físicos de territorios onde a redución é moito maior e poden ser escalas da orde de E.1:50 000 ou E.1:100 000.
  • Escala de ampliación: utilízase cando hai que facer o plano de pezas moi pequenas ou de detalles dun plano. Neste caso o valor do numerador é máis alto que o valor do denominador ou sexa que se deberá dividir polo numerador para coñecer o valor real da peza.

Normas

Segundo a norma UNE EN ISO 5455:1996. "Debuxos técnicos. Escalas" recoméndase utilizar as seguintes escalas normalizadas:

Escalas de ampliación: 100:1, 50:1, 20:1, 10:1, 5:1, 2:1
Escala natural: 1:1
Escalas de redución: 1:2, 1:5, 1:10, 1:20, 1:50, 1:100, 1:200, 1:500, 1:1000, 1:2000, 1:5000, 1:10 000

Se para aplicacións especiais se considerase necesaria unha escala de ampliación maior ou unha escala de redución menor que as que se dan na táboa, a gama de escalas recomendadas pode ampliarse pola súa banda superior e inferior, a condición de que a escala desexada se derive dunha escala recomendada mediante multiplicación por unha potencia de 10.

Escala gráfica, numérica e unidade por unidade

  • A escala numérica representa a relación entre o valor da representación (o número á esquerda do símbolo ":") e o valor da realidade (o número á dereita do símbolo ":") e un exemplo diso sería 1:100 000, o que indica que unha unidade calquera no plano representa 100 000 desas mesmas unidades na realidade; doutro xeito, dous puntos que no plano se atopan a 1 cm estarán na realidade a 100 000 cm, se están no plano a 1 m na realidade estarán a 100 000 metros, e así con calquera unidade que se tome.
  • A escala unidade por unidade é a igualdade expresa de dúas lonxitudes: a do mapa (á esquerda do signo "=") e a da realidade (á dereita do signo "="). Un exemplo diso sería 1 cm = 4 km; 2 cm = 500 m etc.
  • A escala gráfica é a representación debuxada da escala unidade por unidade, onde cada segmento mostra a relación entre a lonxitude da representación e o da realidade. Un exemplo diso sería: 1 cm__ou__10 km

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Saavedra Droguett, Camila (2008). Escala (cartografía). Chile: Saint thomas. ISBN 84-9732-428-6.