Bárbaro: Diferenzas entre revisións
engado referencias e corrixo ligazón morta |
senóiiin |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:De Neuville - The Huns at the Battle of Chalons.jpg|miniatura|Representación do século XIX dos bárbaros [[hunos]].]] |
[[Ficheiro:De Neuville - The Huns at the Battle of Chalons.jpg|miniatura|Representación do século XIX dos bárbaros [[hunos]].]] |
||
'''Bárbaro''' é un [[autónimo#Autónimos que substitúen a exónimos pexorativos|exónimo pexorativo]] que procede do [[lingua grega|grego]] (βάρβαρος) e a súa tradución literal é "o que tatexa". Aínda que os gregos empregaban o termo para referirse a persoas estranxeiras,<ref name=":0">Santiago Álvarez (1998), p. 39</ref> que non falaban o grego e cuxa lingua estranxeira soaba aos seus oídos como un tatexo incompresible ou [[onomatopea]] (''bar-bar-'' semellante a ''bla-bla-''), tamén existen escritos, como os de [[Isócrates de Atenas|Isócrates]], que amosan unha apertura deste pobo para concibir aos bárbaros non como "estranxeiros", |
'''Bárbaro''' é un [[autónimo#Autónimos que substitúen a exónimos pexorativos|exónimo pexorativo]] que procede do [[lingua grega|grego]] (βάρβαρος) e a súa tradución literal é "o que tatexa". Aínda que os gregos empregaban o termo para referirse a persoas estranxeiras,<ref name=":0">Santiago Álvarez (1998), p. 39</ref> que non falaban o grego e cuxa lingua estranxeira soaba aos seus oídos como un tatexo incompresible ou [[onomatopea]] (''bar-bar-'' semellante a ''bla-bla-''), tamén existen escritos, como os de [[Isócrates de Atenas|Isócrates]], que amosan unha apertura deste pobo para concibir aos bárbaros non como "estranxeiros", senóiiin como individuos que carecían de educación, independentemente do seu lugar de nacemento, primitivos ou salvaxes.<ref name=":0" /> |
||
Os romanos tomaron posteriormente a palabra e o seu significado para o trato cos pobos que invadiron o [[Imperio Romano]]. Os clásicos deron o nome de bárbaros a todos os estranxeiros das comarcas fronteirizas co Imperio, e cos que loitaron, aínda que se limita a consideración aos que, ocupando en [[Europa]] as comarcas ao norte do Imperio, invadiron este, apoderándose da súa parte occidental. |
Os romanos tomaron posteriormente a palabra e o seu significado para o trato cos pobos que invadiron o [[Imperio Romano]]. Os clásicos deron o nome de bárbaros a todos os estranxeiros das comarcas fronteirizas co Imperio, e cos que loitaron, aínda que se limita a consideración aos que, ocupando en [[Europa]] as comarcas ao norte do Imperio, invadiron este, apoderándose da súa parte occidental. |
Revisión como estaba o 20 de abril de 2020 ás 08:53
Bárbaro é un exónimo pexorativo que procede do grego (βάρβαρος) e a súa tradución literal é "o que tatexa". Aínda que os gregos empregaban o termo para referirse a persoas estranxeiras,[1] que non falaban o grego e cuxa lingua estranxeira soaba aos seus oídos como un tatexo incompresible ou onomatopea (bar-bar- semellante a bla-bla-), tamén existen escritos, como os de Isócrates, que amosan unha apertura deste pobo para concibir aos bárbaros non como "estranxeiros", senóiiin como individuos que carecían de educación, independentemente do seu lugar de nacemento, primitivos ou salvaxes.[1]
Os romanos tomaron posteriormente a palabra e o seu significado para o trato cos pobos que invadiron o Imperio Romano. Os clásicos deron o nome de bárbaros a todos os estranxeiros das comarcas fronteirizas co Imperio, e cos que loitaron, aínda que se limita a consideración aos que, ocupando en Europa as comarcas ao norte do Imperio, invadiron este, apoderándose da súa parte occidental.
Estes pobos formaban tres grupos:
- O de raza amarela (avaros e hunos)
- O de raza branca eslava (Vendos, no que hoxe é Polonia), Sármatas, no Danubio e Alanos, na beiras do mar Negro
- O de raza branca non eslava (galos, xermanos e iberos)
A etnoloxía e antropoloxía tradicionais, cunha terminoloxía xa desfasada e unha eurocéntrica visión das sociedades primitivas, denominou barbarie a un estadio de evolución cultural das sociedades humanas, intermedio entre o de salvaxismo e de civilización.
Notas
Véxase tamén
Vexa a entrada do Galizionario acerca de bárbaro |
Bibliografía
- Santiago Álvarez, Rosa Araceli (1998). "Griegos y bárbaros: arqueología de una alteridad". Faventia (en castelán) 20 (2): 33–44. ISSN 0210-7570.