Mercedes Brea López: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 4: Liña 4:


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
En [[1972]] licenciouse en [[Filosofía e Letras]] (sección de filoloxía románica) pola [[Universidade de Santiago de Compostela]], acadando o Premio extraordinario fin de carreira e máis o Premio nacional fin de carreira. En [[1973]] comezou como docente na universidade compostelá. Máis tarde, en 1975, doutorouse en Filoloxía Románica. En 1983 pasou a traballar na [[Universidade de Granada]],<ref name="BOE310" /> converténdose en catedrática en 1984. Regresou á USC en 1986. En [[2000]] foi elixida decana da [[Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela]].
En [[1972]] licenciouse en [[Filosofía e Letras]] (sección de filoloxía románica) pola [[Universidade de Santiago de Compostela]], acadando o Premio extraordinario fin de carreira e máis o Premio nacional fin de carreira. En [[1973]] comezou como docente na universidade compostelá. Máis tarde, en 1975, doutorouse en Filoloxía Románica. En 1983 pasou a traballar na [[Universidade de Granada]],<ref name="BOE310" /> converténdose en catedrática en 1984. Regresou á USC en 1986. En [[2000]] foi elixida decana da [[Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela]]. Tamén foi Directora do Servizo de Publicacións e Vicerreitora de Profesorado na USC.

Ademais dirixe a Escola de Doutoramento en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, e coordina o grupo de investigación GI-1350 da USC, ademais da ''Rede de estudos medievais interdisciplinares'' que subvenciona a Xunta de Galicia.<ref>{{Cita web|título=María Mercedes Brea López. Área de Filoloxía Románica. GI-1350 Románicas|url=http://www.usc.es/filrom/staff/mercedes-brea-lopez/|data-acceso=2019-08-26|lingua=gl-ES|páxina-web=}}</ref>


É colaboradora de revistas coma ''[[Verba (revista)|Verba]]'', ''[[Grial (revista)|Grial]]'', ''[[Revista Galega do Ensino]]'' ou ''[[Revistas de Lenguas y Literaturas Catalana, Gallega y Vasca]]''. Exerce de investigadora principal no proxecto O cancioneiro de xograres galegos.
É colaboradora de revistas coma ''[[Verba (revista)|Verba]]'', ''[[Grial (revista)|Grial]]'', ''[[Revista Galega do Ensino]]'' ou ''[[Revistas de Lenguas y Literaturas Catalana, Gallega y Vasca]]''. Exerce de investigadora principal no proxecto O cancioneiro de xograres galegos.

Revisión como estaba o 26 de agosto de 2019 ás 19:35

Infotaula de personaMercedes Brea López
Biografía
Nacemento31 de maio de 1950 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
A Estrada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 48015


María de las Mercedes Brea López, nada na Estrada o 31 de maio de 1950,[1] é unha filóloga galega da área de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela.

Traxectoria

En 1972 licenciouse en Filosofía e Letras (sección de filoloxía románica) pola Universidade de Santiago de Compostela, acadando o Premio extraordinario fin de carreira e máis o Premio nacional fin de carreira. En 1973 comezou como docente na universidade compostelá. Máis tarde, en 1975, doutorouse en Filoloxía Románica. En 1983 pasou a traballar na Universidade de Granada,[1] converténdose en catedrática en 1984. Regresou á USC en 1986. En 2000 foi elixida decana da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén foi Directora do Servizo de Publicacións e Vicerreitora de Profesorado na USC.

Ademais dirixe a Escola de Doutoramento en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, e coordina o grupo de investigación GI-1350 da USC, ademais da Rede de estudos medievais interdisciplinares que subvenciona a Xunta de Galicia.[2]

É colaboradora de revistas coma Verba, Grial, Revista Galega do Ensino ou Revistas de Lenguas y Literaturas Catalana, Gallega y Vasca. Exerce de investigadora principal no proxecto O cancioneiro de xograres galegos.

Obra

  • Lírica profana galego-portuguesa. Corpus completo das cantigas medievais, con estudio biográfico, análise retórica e bibliografía específica (1996).
  • Martín Codax, Mendiño e Johan de Cangas (1998)
  • A cantiga de amigo (1998, co-autoría con Pilar Lorenzo)
  • Cantigas do Mar de Vigo. Edición crítica das cantigas de Meendinho, Johan de Cangas e Martín Códax (1998; coordinadora)
  • "As cantigas da Ría de Vigo", en Cantigas do Mar. Homenaxe a Johan de Cangas, Mendinho e Martín Códax (1998)
  • "E verra i, mia madre, o meu amigo", en Día das Letras Galegas 1998. Martín Códax, Mendiño e Johán de Cangas (1998)
  • "Os santuarios á beira do mar", en Johán de Cangas, Martín Códax, Meendinho. 1200-1350, lírica medieval (1998)
  • "As cantigas de Santa María", en Proxecto Galicia (2000)
  • "D. Xosé Filgueira Valverde e as Cantigas de Santa María", no Memorial Filgueira Valverde. Estudios sobre lírica medieval galego-portuguesa (2002).
  • "D. Xosé Filgueira Valverde e a lírica galego-portuguesa" en Xosé Filgueira Valverde. 1906-1996. Un século de Galicia,[3] Museo de Pontevedra (2007), ISBN 978-84-95632-34-0:

Notas