Capra pyrenaica pyrenaica: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9: Liña 9:
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Especies extintas en estado salvaxe]]
[[Categoría:Caprinos]]

Revisión como estaba o 12 de xuño de 2019 ás 14:35

O bucardo (Capra pyrenaica pyrenaica) é unha subespecie de cabra montesa. Esta subespecie de cabra montesa ibérica estaba en perigo de extinción dende comezos do século XX, e foi catalogada como «especie en perigo crítico de extinción» (CR) polo Specialist Caprinae Group da IUCN en 1997.[1] O 6 de xaneiro de 2000 achouse morto o derradeiro exemplar, unha femia, que vivía en España.[2]

Xunto co mueyu, ou cabra montés portuguesa (Capra pyrenaica lusitanica), que se extinguiu en 1892, é unha das dúas subespecies de cabra montesa que desapareceron. Diferenciábase das outras subespecies principalmente polo seu pelo máis longo e denso no inverno e a base máis grosa dos cornos, tanto en machos coma en femias. A cornamenta do bucardo era, asemade, a máis longa de entre as catro subespecies de cabra montesa que habitaron a península ibérica.[3]

Notas