Capra pyrenaica pyrenaica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Capra pyrenaica pyrenaica

Ilustración do ano 1898.
Estado de conservación

Extinto dende 2000[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Xénero: Capra
Especie: C. pyrenaica
Subespecie: C. pyrenaica pyrenaica
Schinz, 1838
Capra pyrenaica pyrenaica

A Capra pyrenaica pyrenaica é unha subespecie de cabra montesa. Esta subespecie de cabra montesa ibérica estaba en perigo de extinción dende comezos do século XX, e foi catalogada como «especie en perigo crítico de extinción» (CR) polo Specialist Caprinae Group da IUCN en 1997.[2] O 6 de xaneiro de 2000 achouse morto o derradeiro exemplar, unha femia, que vivía en España.[3]

Xunto coa Capra pyrenaica lusitanica, que se extinguiu en 1892, é unha das dúas subespecies de cabra montesa que desapareceron. Diferenciábase das outras subespecies principalmente polo seu pelo máis longo e denso no inverno e a base máis grosa dos cornos, tanto en machos coma en femias. A cornamenta do bucardo era, asemade, a máis longa de entre as catro subespecies de cabra montesa que habitaron a Península Ibérica.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]