Illa Devon: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/%C3%A1rea
Breogan2008 (conversa | contribucións)
elimino sintaxe desbotada
Liña 23: Liña 23:
| tipo =
| tipo =
| lingua_propia =
| lingua_propia =
| imaxe = [[Ficheiro:PT_Devon_Island.svg |300px]]
| imaxe = PT_Devon_Island.svg
| pé_imaxe = Localización da illa
| pé_imaxe = Localización da illa
}}
}}

Revisión como estaba o 6 de maio de 2019 ás 13:35

Modelo:Ficha de illa

A Illa Devon é a segunda maior illa do arquipélago das Illas da Raíña Isabel, en Nunavut, Canadá. É a 27 maior illa do mundo e a 6 de Canadá. É a maior illa deshabitada da terra. A Illa Devon abarca unha área de 55.247 km². Debido a súa relativamente alta elevación e a súa extrema latitude ao norte, na illa só habitan uns poucos bois almizcleros. A vida animal concéntrase nas planicies de Truelove, que ten un microclima favorable que permite o crecemento dalgunhas especies vexetais árticas. As temperaturas durante a breve tempada de crecemento non exceden dos 10 °C, e no inverno poden caer ata os -50 °C. Cunha ecoloxía de deserto polar, a Illa Devon recibe moi poucas precipitacións.

A Illa Devon tamén é coñecida pola presenza do Cráter Haughton, creado fai uns 39 millóns de anos cando un meteorito duns 2 km de diámetro chocou contra o que na época era un bosque. O impacto deixou un cráter de aproximadamente 23 km de diámetro, que se converteu nun lago durante varios millóns de anos. O cráter é hoxe en día un dos lugares máis parecidos á xeografía de Marte que hai sobre a terra.

Véxase tamén

Outros artigos