Illa Malden: Diferenzas entre revisións
Nova páxina: right|thumb|250px|Foto espacial da NASA da Illa Malden (o norte cara abaixo) A '''Illa Malden''', historicamente chamada tamén '''Illa Independence''... |
m robot Añadido: el:Μάλντεν Νήσος, es:Isla Malden |
||
Liña 17: | Liña 17: | ||
[[Category:Illas e arquipélagos]] |
[[Category:Illas e arquipélagos]] |
||
[[de:Malden (Insel)]] |
[[de:Malden (Insel)]] |
||
[[el:Μάλντεν Νήσος]] |
|||
⚫ | |||
[[ |
[[en:Malden Island]] |
||
[[es:Isla Malden]] |
|||
⚫ | |||
[[he:מאלדן (אי)]] |
[[he:מאלדן (אי)]] |
||
[[ru:Молден]] |
[[ru:Молден]] |
Revisión como estaba o 11 de outubro de 2007 ás 23:29
A Illa Malden, historicamente chamada tamén Illa Independence, é unha illa pequena e inhabitada do Océano Pacífico central. Forma parte das Illas da Liña, pertencentes á República de Kiribati. É famosa polas súas misteriosas construcións megalíticas: pirámides, plataformas, templos e estradas. Tamén é o lugar da primeira proba nuclear inglesa en 1957.
Foi descuberta o 30 de xullo de 1825 polo capitán inglés George Anson (Lord) Byron, curmán do poeta, mentres estaba repatriando os restos do Rei e a Raíña de Hawai, que morreran de xarampón durante a súa visita a Londres. Byron nomeou a illa en honra do lugarteninente Charles Malden, que a explorou.
A illa estaba inhabitada, pero se atoparon unhas construcións megalíticas notables e estrañas. Especulouse moito sobre a súa orixe e as súas funcións, pero ata agora as conclusións arqueolóxicas apuntan a unha orixe polinesia.
Durante a primeira metade do século XIX a illa foi visitada en numerosas ocasións por baleeiros norteamericanos. Foi reclamada polos Estados Unidos co propósito de recoller guano (segundo o Acta de Illas Guaneras), pero se adiantaron os británicos, quen a explotaron durante sesenta anos.
En 1957 Malden foi utilizada polos británicos para facer tres probas termonucleares atmosféricas. Os Estados Unidos continuaron disputando a soberanía aos británicos ata a independencia de Kiribati en 1979.