Roy Harris: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición Etiqueta: edición de código 2017 |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{sen referencias|data=xullo de 2016}} |
{{sen referencias|data=xullo de 2016}} |
||
{{biografía}} |
{{biografía}} |
||
'''Roy Harris''', nado o [[24 de febreiro]] de [[1931]], |
'''Roy Harris''', nado en Bristol o [[24 de febreiro]] de [[1931]] e finado en [[Oxford]] o [[9 de febreiro]] de [[2015]], foi catedrático emérito de [[Lingüística Xeral]] na [[Universidade de Oxford]]. Foi profesor universitario en [[Hong Kong]], [[Boston]] e [[París]] e profesor visitante e investigador en varias universidades e institucións surafricanas, australianas e indias. |
||
== Traxectoria == |
== Traxectoria == |
Revisión como estaba o 26 de outubro de 2018 ás 19:53
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de febreiro de 1931 Bristol, Reino Unido |
Morte | 9 de febreiro de 2015 (83 anos) Oxford, Reino Unido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | St Edmund Hall (en) École Normale Supérieure Queen Elizabeth's Hospital (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Lingüística |
Ocupación | lingüista , profesor universitario |
Empregador | Universidade de Oxford |
Lingua | Lingua inglesa e lingua francesa |
Roy Harris, nado en Bristol o 24 de febreiro de 1931 e finado en Oxford o 9 de febreiro de 2015, foi catedrático emérito de Lingüística Xeral na Universidade de Oxford. Foi profesor universitario en Hong Kong, Boston e París e profesor visitante e investigador en varias universidades e institucións surafricanas, australianas e indias.
Traxectoria
Os seus libros sobre teoría da comunicación, semioloxía, historia do pensamento lingüístico e o que finalmente denominou lingüística integracional critican o falante ideal da lingüística xenerativa e as comunidades lingüísticas idealizadas por lingüistas e sociolingüistas, así como o modelo condutual saussureano de falante e oínte e de códigos e regras, con que opera a lingüística estrutural.
A súa filosofía da lingua cuestiona asuncións tradicionais do pensamento lingüístico occidental, propoñendo unha actitude radical ante a necesidade da desmitoloxizar as linguas e a lingüística e de adoptar unha nova lingüística fundamentada na visión dos signos como produtos resultantes (antes que causantes) da comunicación.
É membro fundador da International Association for the Integrational Study of Language and Communication (IAISLC) e coeditor da revista académica Language & Communication.
Lingüística integracional
As investigacións levadas a cabo por Roy Harris nos últimos 25 anos centráronse no desenvolvemento dunha aproximación integracional ós signos e ós sistemas semiolóxicos, e polo tanto a toda a comunicación humana.
A súa aproximación denominada integracionismo ou lingüística integracional parte do exame das actuais prácticas educativas ó tempo que se propón unha revisión da historia do pensamento lingüístico dende Platón á actualidade, nunha perspectiva que difire radicalmente da visión tradicional das linguas e da comunicación de base mecanicista e estrutural.
A lingüística postestrutural que Harris postula na súa abordaxe integracional presenta importantes implicacións para o noso comprendemento das relacións interpersoais así como das sociedades modernas e dos seus recursos comunicativos, incluído o discurso público das artes e as ciencias. A revista interdisciplinar que dirixe con Talbot J. Taylor destinada á discusión da comunicación verbal e non-verbal pretende a integración da lingua con outras actividades e comportamentos interactivos (de aí o nome de integracionismo) de maneira que se poida desenvolver unha ciencia da comunicación non restrinxida por fronteiras disciplinares.
Libros
- Synonymy and Linguistic Analysis, 1973, Oxford, Blackwell.
- The Language-Makers, 1980, London, Duckworth.
- The Language Myth, 1981, London, Duckworth.
- F. de Saussure: Course in General Linguistics, 1983, London, Duckworth.
- The Origin of Writing, 1986, London, Duckworth.
- Reading Saussure, 1987, London, Duckworth.
- The Language Machine, 1987, London, Duckworth.
- Language, Saussure and Wittgenstein, 1988, London, Routledge.
- La Sémiologie de l'écriture, 1994, Paris, CNRS.
- Signs of Writing, 1996, London, Routledge.
- The Language Connection, 1996, Bristol, Thoemmes.
- Signs, Language and Communication, 1996, London, Routledge.
- Introduction to Integrational Linguistics, 1998, Oxford, Pergamon.
- Rethinking Writing, 2000, London, Athlone.
- Saussure and his Interpreters, 2001, Edinburgh, Edinburgh UP.
- The Necessity of Artspeak, 2003,London, Continuum.
- The Linguistics of History, 2004, Edinburgh, Edinburgh UP.
- The Semantics of Science, 2005, London, Continuum.