Doríforo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
ortografía
Liña 8: Liña 8:
| material = mármore
| material = mármore
| técnica = [[talla]]
| técnica = [[talla]]
| movemento = Arte grega, periodo clásico.
| movemento = Arte grega, período clásico.
| altura = 212
| altura = 212
| largura =
| largura =

Revisión como estaba o 2 de outubro de 2018 ás 19:34

Doríforo
ArtistaPolicleto
Data450 a.C-440 a.C
Técnicatalla
MovementoArte grega, período clásico.
Dimensións212 cm ×  cm
LocalizaciónMuseo Arqueolóxico Nacional. (Nápoles)

O Doríforo (en grego δορυφόρος, Doryphóros, "o portador de lanza") é unha estatua, orixinalmente de bronce, atribuída ao escultor grego Policleto realizada, probablemente entre o 450a.C e o 440 a.C. Unha copia romana de mármore de 2.12 metros atópase no Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles, Italia

Descrición

Representa a un mozo de pé, a un atleta vencedor que porta unha lanza ou xavelina na man esquerda. Considérase que Policleto realizou esta obra como ilustración dun libro escrito por el titulado Canon (modelo en grego)[1] no que se refería á simetría e as proporcións. O libro expresaba o arquetipo ou modelo perfecto, polo seu estudio matemático das proporcións ideais na representación do corpo humano: a altura do corpo era sete veces a da cabeza[2], a cal se dividía en tres partes iguais: fronte, nariz, e distancia entre nariz e queixo; o pé era tres veces a lonxitude da palma da man; a perna, do pé ao xeonllo, era seis veces a lonxitude da palma da man etc.

O corpo é concibido coma un conxunto de planos, moi separados, e molduras: podémolo observar no bordo dos peitorís e na rugosidade pelviana, por exemplo. Estes pregamentos musculares tan vigorosos suxiren volume. Outra achega importante do Doríforo é a posición da figura, pois Policleto acada o equilibrio cun ritmo cruzado e compensado, o contraposto, que lle dá efecto de profundidade. Presenta a cabeza lixeiramente ladeada, inclinación derivada da postura, xa que a figura gravita sobre a dereita. O lado esquerdo proxéctase para fóra co fin de soster a lanza apoiada no ombro, e responde á curvatura do lado oposto. Unha observación polo miúdo permítenos comprobar a diferente función de cada perna. Deste xeito, rompe co estatismo arcaico, pois a figura está en actitude de avanzar, pero hai unha contención do movemento: pódese dicir que posúe a estabilidade do movemento en potencia.

O realismo na obra é manifesto e consegue ofrecer a beleza ideal do corpo masculino. Non obstante, aínda non é posible apreciar a beleza na expresión, pois o seu rostro é inexpresivo e frío.

O Doríforo exerceu moita influencia na estatuaria grecorromana, pois era o modelo a imitar, e en consecuencia, na posterior escultura moderna, xa a partir do Século XV.

Notas

  1. Fernández Paradas, Antonio (2016). Escultura Barroca Española. Entre el Barroco y el siglo XXI (EPUB - DRM). Vol.1. Exlibric. ISBN 9788416110797. 
  2. Lajo, Rosina (2001). Léxico de Arte (4ª ed. ed.). Madrid: Akal. p. 65. ISBN 84-460-0924-2. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas