Jean Baptiste Dieter: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 33: Liña 33:
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.catholic-hierarchy.org/bishop/bdiet.html Perfil en Catholic-Hierarchy.org] {{en}}
* [http://www.catholic-hierarchy.org/bishop/bdiet.html Perfil en Catholic-Hierarchy.org] {{en}}
* [http://www.gcatholic.org/dioceses/diocese/samo0.htm#12814 Perfil en GCatholic.org] {{en}}


{{start box}}
{{start box}}

Revisión como estaba o 23 de setembro de 2018 ás 16:13

Modelo:Eclesiástico Jean Baptiste Dieter, nado como Johannes Dieter en Einhausen (Alemaña) o 30 de setembro de 1903 e finado en Samoa o 28 de xuño de 1955, foi un eclesiástico católico latino, vigairo apostólico do arquipélago das Navegadores dende 1953 até a súa morte.

Biografía

Foi ordenado sacerdote da Sociedade de María (maristas) o 29 de xuño de 1933, y a partir de 1937 comezou a traballar en Samoa. O 16 de novembro de 1953 foi nomeado vigairo apostólico do arquipélago das Navegadores e bispo titular de Ierafi. Recibiu a consagración episcopal de mans do nuncio Romolo Carboni o 19 de maio de 1954 en Apia, e tivo como co-consagrantes ao bispo de Christchurch Edward Michael Joyce e ao vigairo apostólico de Fidxi Victor Frederick Foley. Finou ao ano, o 28 de xuño de 1955; durante o seu breve pontificado tivo como principal prepcupación a formación dos sacerdotes locais.

Distincións

No seu Einhausen natal unha rúa leva o seu nome (Bischof-Dieter-Straße).[1]

Notas

  1. "Bischof-Dieter-Straße in Einhausen, Hessen". Straßen in DE (en alemán). Consultado o 23/09/2018. 

Ligazóns externas


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Joseph Darnand
 Vigairo apostólico do arquipélago das Navegadores 
1953 - 1955
Sucesor:
George Hamilton Pearce