Lingua: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Gallaecio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Gallaecio (conversa | contribucións)
Apartado novo: Conflicto lingüístico
Liña 12: Liña 12:
*[[Variedades diafásicas]]: variacións segundo a situación comunicativa do falante (tamén variantes funcionais, estilos de lingua ou rexistros). Os factores que determinan as diferencias lingüísticas entre os rexistros son basicamente os catro factores que podemos diferenciar nunha situación comunicativa: o [[tema]], a canle, a intención, e o nivel de formalidade.

==Conflicto lingüístico==

Denomínase '''conflicto lingüístico''' á tensión que se produce entre dúas linguas no interior dun territorio por asumir un maior número de funcións sociais e de falantes. Unha situación de conflicto non permanece estable por tempo indefinido, senón que tende a resolverse por unha das seguintes vías:

* A ''substitción linguística''. Este proceso consiste no abandono da lingua propia da comunidade e a asimilación á lingua dominante. O proceso conta con tres fases: monolingüismo na lingua propia; bilingüismo social, é dicir, uso diglósico da lingua propia e a lingua importada, tendo esta última os usos máis prestixiosos; por último, abandono da lingua propia, asimilándose completamente á lingua importada.

* ''Normalización lingüística''. Este proceso consiste na recuperación de usos e funcións sociais para unha lingua que está nunha situación de subordinación. Normalizar consiste en definir e aplicar un conxunto de medidas de tipo político, xurídico, social e lingüístico, que teñen como finalidade a restitución da lingua en todos os ámbitos para que teña un desenvolvemento normal como medio de comunicación dentro da súa propia comunidade de falantes.

Existen casos en que se produce unha simple coexistencia entre dous grupos lingüísticos, polo que non se manifesta o conflicto. Isto ocorre cando a desigualdade lingüística vai acompañada dunha estructura social “pechada”.

A lingua constitúe nesta sociedade un elemento de distinción de clase, un “status simbol”, un indicador simbólico da posición social. Deste xeito os falantes da lingua dominante non teñen ningún problema para desenvolver a súa vida sen necesidade de recorrer á lingua dominada, mentres que os falantes da lingua dominada ven restrinxido o seu desenvolvemento social. Desde a perspectiva dos individuos que queren ascender socialmente a resposta a esta situación é a asimilación, ou sexa a perda da propia identidade cultural e lingüística.

==Véxase tamén==
==Véxase tamén==

Revisión como estaba o 30 de setembro de 2007 ás 19:17

Unha lingua é un sistema de signos lingüísticos incluíndo tamén sons, acenos e símbolos escritos que permite a comunicación entre os individuos dunha comunidade lingüística. Unha definición lingüística da lingua precisa que é un sistema de signos dobremente articulados, é dicir, que a construción do sentido faise a dous niveis de articulación. Atópase primeiramente o das entidades significantes, morfemas, lexemas, monemas, formando os enunciados, e logo o das unidades distintivas de sentido (os fonemas), formando as unidades significantes. Estes dous niveis de articulación determinan os primeiros niveis da descrición lingüística: fonoloxía, morfoloxía e sintaxe. André Martinet precisa que a orde de descrición é de xeito necesario inversa á orde de percepción ou uso da lingua: a descrición comeza polo segundo nivel de articulación (fonemas) para ir cara o primeiro (a combinatoria das unidades significantes).

Distínguese en xeral a lingua (sistema de signos) e a linguaxe (facultade humana posta en acción por meio de tal sistema). Distínguese de igual xeito, tras Ferdinand de Saussure, a lingua e a palabra (é dicir, o uso efectivo do sistema da lingua polos locutores).

Niveis e rexistros de lingua

Nunha lingua podemos distinguir

  • Variedades diacrónicas ou históricas, condicionadas polo tempo.
  • Variedades diatópicas: variantes da lingua no espazo (falares ou dialectos xeográficos).
  • Variedades diastráticas: variacións na lingua segundo a clase social (dialectos sociais).
  • Variedades diafásicas: variacións segundo a situación comunicativa do falante (tamén variantes funcionais, estilos de lingua ou rexistros). Os factores que determinan as diferencias lingüísticas entre os rexistros son basicamente os catro factores que podemos diferenciar nunha situación comunicativa: o tema, a canle, a intención, e o nivel de formalidade.

Conflicto lingüístico

Denomínase conflicto lingüístico á tensión que se produce entre dúas linguas no interior dun territorio por asumir un maior número de funcións sociais e de falantes. Unha situación de conflicto non permanece estable por tempo indefinido, senón que tende a resolverse por unha das seguintes vías:

  • A substitción linguística. Este proceso consiste no abandono da lingua propia da comunidade e a asimilación á lingua dominante. O proceso conta con tres fases: monolingüismo na lingua propia; bilingüismo social, é dicir, uso diglósico da lingua propia e a lingua importada, tendo esta última os usos máis prestixiosos; por último, abandono da lingua propia, asimilándose completamente á lingua importada.
  • Normalización lingüística. Este proceso consiste na recuperación de usos e funcións sociais para unha lingua que está nunha situación de subordinación. Normalizar consiste en definir e aplicar un conxunto de medidas de tipo político, xurídico, social e lingüístico, que teñen como finalidade a restitución da lingua en todos os ámbitos para que teña un desenvolvemento normal como medio de comunicación dentro da súa propia comunidade de falantes.

Existen casos en que se produce unha simple coexistencia entre dous grupos lingüísticos, polo que non se manifesta o conflicto. Isto ocorre cando a desigualdade lingüística vai acompañada dunha estructura social “pechada”.

A lingua constitúe nesta sociedade un elemento de distinción de clase, un “status simbol”, un indicador simbólico da posición social. Deste xeito os falantes da lingua dominante non teñen ningún problema para desenvolver a súa vida sen necesidade de recorrer á lingua dominada, mentres que os falantes da lingua dominada ven restrinxido o seu desenvolvemento social. Desde a perspectiva dos individuos que queren ascender socialmente a resposta a esta situación é a asimilación, ou sexa a perda da propia identidade cultural e lingüística.

Véxase tamén

[[pl:J%EAzyk (mowa)]]