Denominación de orixe: Diferenzas entre revisións
m →top: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura| |
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9) |
||
Liña 14: | Liña 14: | ||
*[[Denominacións de orixe de Galicia]] |
*[[Denominacións de orixe de Galicia]] |
||
===Ligazóns externas=== |
===Ligazóns externas=== |
||
* [http://mediorural.xunta.es/alimentacion/produtos/g_orixe.pdf DO de Galicia (Consellería de medio rural)] |
* [http://mediorural.xunta.es/alimentacion/produtos/g_orixe.pdf DO de Galicia (Consellería de medio rural)]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }} |
||
* [http://www.alimentacion.es/gl/comunidades_autonomas/ DO de España] |
* [http://www.alimentacion.es/gl/comunidades_autonomas/ DO de España] |
||
Revisión como estaba o 4 de setembro de 2018 ás 02:28
Denominación de orixe (D.O. ou D.O.C., en Francia Appellation d'Orixine Contrôlée, AOC) é un tipo de indicación xeográfica aplicada a un produto agrícola ou alimenticio cuxa calidade ou características débense fundamental e exclusivamente ao medio xeográfico no que se produce, transforma e elabora.
Noutras palabras, é unha cualificación que se emprega para protexer legalmente certos alimentos que se producen nunha zona determinada, contra produtores doutras zonas que quixesen aproveitar o bo nome que crearon os orixinais, nun longo tempo de elaboración ou cultivo.
Os produtores que se acollen á denominación de orixe, comprométense a manter a calidade o máis alta posible e a manter tamén certos usos tradicionais na produción, por exemplo, no caso do viño, en certas zonas esíxese utilizar a uva tradicional da zona. Así mesmo, adoita existir un organismo público regulador da denominación de orixe, que autoriza exhibir o distintivo aos produtores da zona que cumpren as regras.
A ventaxe fundamental da denominación de orixe é que garante ao consumidor un nivel de calidade máis ou menos constante e unhas características específicas. A cambio, os produtores obteñen unha protección legal contra a produción ou elaboración de tales produtos noutras zonas, aínda que se utilicen os mesmos ingredientes e procedementos, que lles permite influír sobre o prezo final destes. Tamén se sinala que esta figura fomenta a organización do sector produtivo e facilita o acceso de produtores a mercados nacionais e internacionais.
Na actualidade existen 27 produtos galegos clasificados como denominación de orixe protexida.