Eclíptica: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Cara a.
m →‎Ligazóns externas: +control autoridades using AWB
Liña 19: Liña 19:
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
{{Glosario-astronomía}}
{{Glosario-astronomía}}

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Sistema de coordenadas celestes]]
[[Categoría:Sistema de coordenadas celestes]]

Revisión como estaba o 16 de xullo de 2018 ás 20:44

Vista imaxinaria do círculo da eclíptica e do ecuador celeste na esfera celeste, mostrando os puntos de Aries Υ e de Libra Ω (os puntos equinocciais), xunto cos puntos solsticiais.

De xeito tradicional, chamábase eclíptica á liña imaxinaria que describía a traxectoria do Sol sobre a esfera celeste ó longo dun ano. En realidade (sistema heliocéntrico do sistema solar) a eclíptica é a proxección da traxectoria da Terra arredor do Sol ao longo dun ano, formando así unha liña imaxinaria (un círculo máximo da esfera celeste) que forma un ángulo duns 23º27' con respecto ó ecuador celeste, e que por forza coincide coa eclíptica definida de xeito tradicional no modelo xeocéntrico.

Os dous puntos onde intersectan o círculo máximo da eclíptica e o círculo máximo do ecuador celeste son os equinoccios (os chamados primeiros Punto de Aries e Libra); os puntos da eclíptica máis ao norte (cara ao polo norte celeste) e máis ao sur do ecuador celeste (isto é cara ao polo sur celeste) son os solsticios, que tamén son perpendiculares aos equinoccios.

Nodos

É nesta zona onde aparentemente se cruzan os camiños do Sol e da Lúa, onde se eclipsan. Os puntos por onde a Lúa atravesa a eclíptica chámanse nodos. Fálase de nodo ascendente cando a Lúa pasa dun plano orbital inferior ao plano orbital da Terra arredor do do Sol a un superior a este(pasa do sur da eclíptica ao norte da eclíptica); e de nodo descentente cando a Lúa pasa do norte ao sur da eclíptica.

O descubrimento na antigüidade dos nodos e as sicixias, vinculando as eclipses lunares e solares a un ciclo repetitivo deu lugar ao descubrimento do ciclo de saros.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas