Stanford Encyclopedia of Philosophy: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 8: | Liña 8: | ||
A enciclopedia foi creada en [[1995]] por [[Edward N. Zalta]] co fin explícito de achegar unha enciclopedia dinámica actualizada regularmente, e que desta forma non permaneza datada á maneira das enciclopedias impresas. A concepción da enciclopedia permite a presenza de artigos rivais para un único tema de modo que se reflictan os desacordos razoados entre académicos. |
A enciclopedia foi creada en [[1995]] por [[Edward N. Zalta]] co fin explícito de achegar unha enciclopedia dinámica actualizada regularmente, e que desta forma non permaneza datada á maneira das enciclopedias impresas. A concepción da enciclopedia permite a presenza de artigos rivais para un único tema de modo que se reflictan os desacordos razoados entre académicos. |
||
== Véxase tamén == |
|||
=== Ligazóns externas === |
|||
* [http://plato.stanford.edu/ Páxina principal da ''Stanford Encyclopedia of Philosophy''] {{en}} |
|||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
Revisión como estaba o 18 de xuño de 2018 ás 13:26
A Enciclopedia de filosofía de Stanford (SEP) é unha enciclopedia de libre acceso en liña mantida pola Universidade Stanford. A enciclopedia desenvolveuse inicialmente con fondos públicos do NEH e do NSF. Un plan de recollida de fondos a longo prazo co fin de asegurar o libre acceso á enciclopedia está apoiado a nivel mundial por varias universidades e consorcios de bibliotecas. Ditas institucións contribúen baixo un plan formulado polo SEP en colaboración coa Scholarly Publishing and Academic Resources Coalition (SPARC), a International Coalition of Library Consortia (ICOLC) e a Southeastern Library Network (SOLINET), con fondos equiparados pola NEH.
Cada entrada é escrita e mantida por un experto no tema, incluíndo a profesores de máis de 65 Institucións académicas arredor do mundo. Ademais da súa condición en liña, a enciclopedia utiliza o enfoque académico tradicional da maior parte de enciclopedias e revistas académicas para lograr estándares de calidade por medio de:
- Autores especialistas seleccionados por un editor ou un comité editorial, o cal é competente (aínda que non necesariamente sexa especialista) no tema tratado pola enciclopedia; e
- O mecanismo de peer review.
A enciclopedia foi creada en 1995 por Edward N. Zalta co fin explícito de achegar unha enciclopedia dinámica actualizada regularmente, e que desta forma non permaneza datada á maneira das enciclopedias impresas. A concepción da enciclopedia permite a presenza de artigos rivais para un único tema de modo que se reflictan os desacordos razoados entre académicos.