Déixaas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Título en cursiva}}
'''Déixaas''' é o quinto disco da cantante [[Galicia|galega]] [[Mercedes Peón]]. O álbum publícase o 27 de abril de 2018.
'''''Déixaas''''' é o quinto disco da cantante [[Galicia|galega]] [[Mercedes Peón]]. O álbum publícase o 27 de abril de 2018.

Neste traballo, realizado con [[Mónica de Nut]] e Ana Fernández, a maquinaria pesada convértese en instrumento e nos temas inclúense sons gravados en estaleiros navais. O entorno industrial, a roupa e mais o traballo de arte do vídeoclip, subliñan unha estética industrial e pesada asociada ao [[punk]], a angustia e a ira na contracultura. Mercedes Peón explica nunha entrevista cal foi o proceso que a levou a conseguir que [[Navantia]] pasase de ser un espazo laboral convencional, adicado á construción naval, para converterse nun lugar para compor [[música industrial]].<blockquote>O primeiro que fixen foi buscar provocacións sonoras e facer unha escolla. Pedín que me deixaran entrar en Navantia para gravar o proceso de construción nesa cidade-industria. Achegueime coas miñas gravadoras na nave da prancha fina e percorrín un portaavións en construción. Todos eses sons penetráronme e comecei a producir polirritmias cos martelos batendo nas pranchas, ambientes coas rebarbadoras, cos pasos subindo escaleiras metálicas, ventiladores etc.</blockquote><blockquote>Isto sería o espazo a onde levo a Mónica, a Ana, ou por exemplo a [[Fernando Abreu]] co seu clarinete. Imaxínome os departamentos en construción con Fernando sentado co seu clarinete baixo, a carón dunha radial que corta metal para un departamento, ou a Mónica chea de vexetación ferrosa na cima do porta-avións, ou a Ana facendo sons cun tubo de fontanería paseándose polo tremendo buque. Ir pasando polos distintos departamentos e que na radio saia a voz de [[Yolanda Castaño]] cos ritmos vogais de [[María Reimóndez]] etc.<ref>{{Cita web|url=http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/62705-resistencia-derrota-mercedes-peon-monica-nut-ana-garcia |xornal=[[Galicia Confidencial]] |título=A resistencia á derrota de Mercedes Peón, Mónica de Nut e Ana García|data=4/8/2017}}</ref></blockquote>O director do vídeoclip, gravado en Navantia, é [[Alberto Castaño]].

Revisión como estaba o 26 de abril de 2018 ás 11:44

Déixaas é o quinto disco da cantante galega Mercedes Peón. O álbum publícase o 27 de abril de 2018.

Neste traballo, realizado con Mónica de Nut e Ana Fernández, a maquinaria pesada convértese en instrumento e nos temas inclúense sons gravados en estaleiros navais. O entorno industrial, a roupa e mais o traballo de arte do vídeoclip, subliñan unha estética industrial e pesada asociada ao punk, a angustia e a ira na contracultura. Mercedes Peón explica nunha entrevista cal foi o proceso que a levou a conseguir que Navantia pasase de ser un espazo laboral convencional, adicado á construción naval, para converterse nun lugar para compor música industrial.

O primeiro que fixen foi buscar provocacións sonoras e facer unha escolla. Pedín que me deixaran entrar en Navantia para gravar o proceso de construción nesa cidade-industria. Achegueime coas miñas gravadoras na nave da prancha fina e percorrín un portaavións en construción. Todos eses sons penetráronme e comecei a producir polirritmias cos martelos batendo nas pranchas, ambientes coas rebarbadoras, cos pasos subindo escaleiras metálicas, ventiladores etc.

Isto sería o espazo a onde levo a Mónica, a Ana, ou por exemplo a Fernando Abreu co seu clarinete. Imaxínome os departamentos en construción con Fernando sentado co seu clarinete baixo, a carón dunha radial que corta metal para un departamento, ou a Mónica chea de vexetación ferrosa na cima do porta-avións, ou a Ana facendo sons cun tubo de fontanería paseándose polo tremendo buque. Ir pasando polos distintos departamentos e que na radio saia a voz de Yolanda Castaño cos ritmos vogais de María Reimóndez etc.[1]

O director do vídeoclip, gravado en Navantia, é Alberto Castaño.

Lista de cancións

  1. "Déixaas"
  2. "MK"
  3. "Partículas"
  4. "Plataforma"
  5. "Tras o muro"
  6. "Cabelo"
  7. "Linguas elementais"
  8. "Ela propón"
  9. "Cabo de min"
  10. "Transición"
  11. "Olores perdidos"

Notas

  1. "A resistencia á derrota de Mercedes Peón, Mónica de Nut e Ana García". Galicia Confidencial. 4/8/2017.