Nelson Pereira dos Santos: Diferenzas entre revisións
Traduzo de en:Nelson Pereira dos Santos |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 22 de abril de 2018 ás 11:41
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario Jglamela (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 6 anos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de outubro de 1928 São Paulo, Brasil |
Morte | 21 de abril de 2018 (89 anos) Río de Xaneiro, Brasil |
Causa da morte | Morte natural (Cancro de fígado ) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Brasil |
Educación | Institut des Hautes Études Cinématographiques (pt) Universidade de São Paulo |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema , montador , guionista , actor |
Membro de | |
Movemento | Cinema Novo |
Lingua | Lingua portuguesa, portugués do Brasil e lingua francesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Ney Santanna (pt) |
Premios | |
Nelson Pereira dos Santos, nado en São Paulo o 22 de outubro de 1928 e finado en Río de Janeiro o 21 de abril de 2018, foi un director de cinema brasileiro. Dirixiu filmes como Vidas secas, baseado no libro homónimo de Graciliano Ramos.
Traxectoria
Pereira dos Santos naceu en São Paulo e o primeiro filme que dirixiu foi Rio 40°, estreado en 1965. O filme é a crónica da vida nas favelas de Río de Janeiro, e influíu algúns outros directores, impulsando o movemento do Cinema Novo.
O seu filme máis coñecido fóra do Brasil é Como era gostoso o meu francês (1971), que participou no 21.º Festival de cinema de Berlín.[1] Está ambientado no século XVI e retrata as supostas prácticas caníbales dos guerreiros tupinambá contra os colonizadores franceses e portugueses do litoral brasileiro. Na 44.ª edición do mesmo festival participou o filme The Third Bank of the River.[2]
En Brasília 18% (2006) explora algúns dos aspectos escuros da política brasileira do momento e a corrupción política, o asasinato de testemuñas de xuízos e o lavado de cartos.
Pereira dos Santos foi membro da Academia Brasileira de Letras dende 2006.[3] Faleceu dun fallo multiorgánico o 21 de abril de 2018 aos 89 anos.[4]
Notas
- ↑ "IMDB.com: Awards for How Tasty Was My Little Frenchman". imdb.com. Consultado o 2010-03-13.
- ↑ "Berlinale: 1994 Programme". berlinale.de. Consultado o 2011-12-29.
- ↑ "Morre aos 89 anos o cineasta Nelson Pereira dos Santos" (en Portuguese). O Globo. 21 April 2018. Consultado o 21 April 2018.
- ↑ Morre aos 89 anos o cineasta Nelson Pereira dos Santos