Nelson Pereira dos Santos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nelson Pereira dos Santos
Nelson Pereira dos Santos cropped.jpg
Nacemento22 de outubro de 1928
 São Paulo
Falecemento21 de abril de 2018
 Río de Xaneiro
Causacancro de fígado
NacionalidadeBrasil
Alma máterInstitut des Hautes Études Cinématographiques e Universidade de São Paulo
Ocupacióndirector de cine, guionista, montador e actor
FillosNey Santanna
PremiosOrdem do Mérito Cultural
editar datos en Wikidata ]

Nelson Pereira dos Santos, nado en São Paulo o 22 de outubro de 1928 e finado no Río de Xaneiro o 21 de abril de 2018, foi un director de cinema brasileiro. Dirixiu filmes como Vidas secas, baseado no libro homónimo de Graciliano Ramos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pereira dos Santos naceu en São Paulo e o primeiro filme que dirixiu foi Rio 40°, estreado en 1965. O filme é a crónica da vida nas favelas do Río de Xaneiro, e influíu algúns outros directores, impulsando o movemento do Cinema Novo.

O seu filme máis coñecido fóra do Brasil é Como era gostoso o meu francês (1971), que participou no 21.º Festival de cinema de Berlín.[1] Está ambientado no século XVI e retrata as supostas prácticas caníbales dos guerreiros tupinambas contra os colonizadores franceses e portugueses do litoral brasileiro. Na 44.ª edición do mesmo festival participou o filme A Terceira Margem do Rio.[2]

En Brasília 18% (2006) explora algúns dos aspectos escuros da política brasileira do momento e a corrupción política, o asasinato de testemuñas de xuízos e o lavado de cartos.

Pereira dos Santos foi membro da Academia Brasileira de Letras dende 2006.[3] Faleceu dun fallo multiorgánico o 21 de abril de 2018 aos 89 anos.[4]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "IMDB.com: Awards for How Tasty Was My Little Frenchman". imdb.com. Consultado o 2010-03-13. 
  2. "Berlinale: 1994 Programme". berlinale.de. Consultado o 2011-12-29. 
  3. "Morre aos 89 anos o cineasta Nelson Pereira dos Santos" (en Portuguese). O Globo. 21 April 2018. Consultado o 21 April 2018. 
  4. Morre aos 89 anos o cineasta Nelson Pereira dos Santos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Darlene J. Sadlier: Nelson Pereira dos Santos (Contemporary Film Directors), University of Illinois Press, 2003, ISBN 0-252-07112-3

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]