Fernando I de Austria: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
Anton45 (conversa | contribucións)
Liña 133: Liña 133:
[[Categoría:Nados en Viena]]
[[Categoría:Nados en Viena]]
[[Categoría:Reis de Hungría]]
[[Categoría:Reis de Hungría]]
[[Categoría:Reis de Bohemia]]

Revisión como estaba o 7 de xaneiro de 2018 ás 04:13

Modelo:Ficha de nobre Fernando I de Habsburgo-Lorena. Nado en Viena o 19 de abril de 1793 e finado en Praga, o 29 de xuño de 1875. Segundo Emperador de Austria (1835-1848), ademais de Rei de Bohemia (1835-1848) e de Hungría (1835-1848) co nome de Fernando V. Casou en 1831 coa princesa María Ana de Savoia, (1803-1884) mais non tiveron descendencia.

Enfermidade e incapacidade

Primoxénito e sucesor do emperador Francisco I. Debido á consanguinidade dos seus pais padeceu de debilidade mental e ademais sufría ataques de epilepsia. Polo tanto, contou coa rexencia secreta dun consello por decisión do chanceler Klemens von Metternich, que exercía realmente o poder, xunto ao Arquiduque Luis e o Conde Kolowart. Isto fíxose para evitar que a declaración de incapacidade puidese ser outro factor que puxese en risco ao absolutismo. Non obstante o emperador levou un diario coherente no que en ocasións se encontran ata 20 entradas ao día. A pesar de todo parece que as súas capacidades intelectuais eran bastante limitadas.

Matrimoño

María Ana de Savoia (1803 - 1884), dona de Fernando I de Austria, retratada por Johann Nepomuk Ender.

O 12 de febreiro de 1831 casou en Turín coa súa prima a princesa María Ana de Savoia, filla de Vítor Manuel I de Sardeña e da súa esposa, a arquiduquesa María Teresa de Austria-Leste. Non tivo descendencia, e sospéitase que nin sequera consumou o matrimonio.[1] Foi sucedido no trono polo seu sobriño Francisco Xosé I, en quen abdicou.[2]

Revolución de 1848

Cando os revolucionarios se encamiñaban ao pazo o emperador pediu a Metternich unha explicación acerca do que estaba a suceder, ao que o Primeiro Ministro respondeu "Están a facer unha Revolución", ao que o emperador, ao parecer respondeu: Xa, Pero teñen permiso? (Ja, dürfen's denn deas?).

A pesar diso, tras a Revolución de 1848, que se saldou coa caída de Metternich, e aconsellada a familia do monarca polo príncipe Félix de Schwarzenberg, que se fixo cargo do poder, obrigóuselle a abdicar no seu sobriño o arquiduque Francisco Xosé, que reinaría durante 68 anos.[2] No seu diario Fernando escribiu:

O asunto rematou co novo Emperador axeonllado ante o seu vello emperador e Señor, debo dicir, eu, pedíndolle a súa bendición, a cal dei, poñendo ambas as dúas mans sobre a súa cabeza e facendo o signo da Santa Cruz... entón abraceino e biquei o noso novo Señor, e fomos ao noso cuarto. Despois de todo isto, Yo e a miña querida esposa oímos Santa Misa... máis tarde eu e a miña querida esposa fixemos as maletas.

Últimos días

Pasou o resto da súa vida residindo no Castelo de Praga, dada a súa predilección por Bohemia, foi ademais o último rei deste territorio coroado como tal. Como Rei de Bohemia coñecíaselle como "Fernando V, o Bo" (Ferdinand Dobrotivý). En Austria, chamábaselle Ferdinand der Gütige (Fernando o Benigno), pero ridiculizábaselle chamándoo ás veces Gütinand der Fertige (Bueninando o Acabado).

Á súa morte, os seus restos foron trasladados á Cripta Imperial de Viena (Kaisergruft).

Notas

  1. van der Kiste, John: Emperor Francis Joseph, Sutton Publishing London, 2005 ISBN 0-7509-3787-4, p 2
  2. 2,0 2,1 Christian Dickinger: Franz Joseph I. Die Entmythisierung. Verlag Ueberreuter, Wien 2002, ISBN 3-8000-3858-7; S. 77.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
Francisco I

Rei de Hungría

18301848
Sucesor:
Francisco Xosé I
Predecesor:
Francisco I

Rei de Bohemia

18351848
Sucesor:
Francisco Xosé I
Predecesor:
Francisco I

Emperador de Austria

1835 - 1848
Sucesor:
Francisco Xosé I