Cuarta Internacional: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sen resumo de edición
m IV Internacional movida a Cuarta Internacional sobre unha redirección
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 13 de agosto de 2007 ás 17:47

A Cuarta Internacional foi unha organización de diversos partidos comunistas arredor do mundo, que traballaba en oposición ó estalinismo e o capitalismo. Os integrantes seguían as ideas do revolucionario Lev Trotsky, e traballaban a prol do proletariado pra acadar o socialismo.

Na Francia de 1938, Trotsky e moitos dos seus seguidores, que foran expulsados da Unión Soviética, consideraban o Comintern perdido polo estalinismo e incapaz de lidera-lo proletariado internacional cara a toma do poder político. De modo que fundaron a súa propia internacional en contraposición, a IV Internacional. Na meirande parte da súa existencia, a IV Internacional foi acosada por axentes da KGB (Policia secreta soviética), reprimida polos paises capitalistas, como Francia e os Estados Unidos, e calificada de ilexítima polos seguidores da Union Soviética e máis tarde do Maoísmo-posición que aínda hoxe manteñen-. Perante a Segunda Guerra Mundial, loitaron por manter contacto baixo condicións de ilegalidade e ataques constantes contra eles.

A IV Internacional sufriu unha escisión en 1940 e unha se cabe máis significativa en 1953. A pesares dunha reunificación parcial en 1963, son moitos os grupos que reclaman para si mesmos a continuidade da IV Internacional.