Cámara dos lords: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
m →‎top: Arranxos varios
Isili0n (conversa | contribucións)
m Isili0n moveu a páxina "Cámara dos Lords" a "Cámara dos lords"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 1 de xullo de 2017 ás 10:55

Cámara dos Lords no século XIX

A Cámara dos Lords (en inglés House of Lords) é a cámara alta do Parlamento do Reino Unido. Está formada por representantes da aristocracia británica, así como por 24 bispos e dous arcebispos.

Tivo gran poder ata o século XIX, xa que podía rexeitar calquera lei aprobada na Cámara dos Comúns. Hoxe en día ten un papel simbólico e tradicional. En 1968 aprobouse un proxecto de reforma que pretendía terminar cos privilexios aristocráticos dos seus membros, de tal forma que hoxe en día só 90 dos seus membros teñen un escano hereditario, fronte a máis de 600 con escanos vitalicios. O goberno de Tony Blair continuou as reformas lexislativas para restar importancia a esta Cámara.