Diferenzas entre revisións de «CD8»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
m (Bot:Retiro parámetro non usado "month=")
 
Para funcionar, o CD8 forma un [[dímero]], que consta dun par de cadeas CD8. A forma máis común de CD8 está composta por unha cadea CD8-α e outra CD8-β, ambas as dúas membros da [[superfamilia das inmunoglobulinas]] cun dominio variable de tipo inmunoglobulina (IgV) na rexión extracelular conectado coa membrana por un fino talo, seguido por unha cola intracelular. Nalgunhas células tamén se expresan [[homodímero]]s menos comúns da cadea CD8-α. O peso molecular do CD8 é de arredor de 13.463,2 [[dalton (unidade)|Da]]. A estrutura da molécula CD8 foi determinada por Leahy, D.J., Axel, R., e Hendrickson, W.A. por [[difracción de raios X]] a unha resolución de 2,6 [[angstrom|Å]].<ref name="pmid1547508"/> A estrutura ten un pregamento en [[sandwich beta]] de tipo inmunoglobulina e consta de 114 residuos de aminoácidos. O 2% da proteína está pregada en [[hélice alfa|hélice α]], o 46% en folla β, e o restante 52% son as porcións en bucles.
[[Ficheiro:CD8_receptor.svg|miniatura|none|esquerda|Representación esquemática do correceptor CD8 heterodimérico.]]
 
== Función ==

Menú de navegación