Branquiúros: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Liña 39: Liña 39:
{{commonscat}}
{{commonscat}}
{{wikispecies}}
{{wikispecies}}

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Crustáceos]]
[[Categoría:Crustáceos]]

Revisión como estaba o 19 de xaneiro de 2017 ás 18:59

Branchiura

Argulus sobre as branquias dun peixe
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Maxillopoda
Subclase: Branchiura
Orde: Arguloida
Familia: Argulidae
Xéneros

Os branquiúros (Branchiura) son unha subclase de crustáceos maxilópodos que comprende unhas 130 especies[1] clasificadas todas nunha soa orde, os arguloides (Arguloida), e unha soa familia, os argúlidos (Argulidae), composta polos xéneros Argulus, Dolops e Chonopeltis.

Os branquiúros son fundamentalmente ectoparasitos de peixes mariños e de auga doce, aínda que tamén hai algunhas especies de vida libre. A diferenza dos copépodos, ademais do único ollo fusionado, posúen dous ollos simples a cada lado da cabeza.

O corpo dos branquiúros é traslúcido, ata o punto de que o que mellor se aprecia é a zona abdominal, onde se encontra o aparato dixestivo. Estes parasitos adoitan fixarse ás branquias dun peixe, ás veces en cantidades tan grandes que poden causar a morte do animal hóspede. As súas mandíbulas están reducidas, presentan beiras cortantes e están aloxadas dentro dun aparato en forma de estilete chamado probóscide, mentres que os apéndices se reducen, sen chegaren a desaparecer de todo. A diferenza dos copépodos parasitos, os branquiúros non recuperan a súa forma libre unha vez que iniciaron a súa etapa parasitaria ata o final da súa vida na época de apareamento.

Clasificación

Segundo Martin & Davis (2001),[2] os branquiúros clasifícanse da seguinte maneira:

Subclase Branchiura Thorell, 1864

Orde Arguloida Yamaguti, 1963
Familia Argulidae Leach, 1819

Notas

  1. Brusca, R. C. & Brusca, G. J., 2005. Invertebrados, 2ª edición. McGraw-Hill-Interamericana, Madrid (etc.), XXVI+1005 pp. ISBN 0-87893-097-3.
  2. Martin, J. W. & Davis, G. E. (2001). An Updated Classification of the Recent Crustacea (PDF). Natural History Museum of Los Angeles County. pp. 132 pp. 

Véxase tamén

Ligazóns externas