Hipocondría: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
engado táboa
Toliño (conversa | contribucións)
m *transtorno -> trastorno
Liña 29: Liña 29:
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Transtornos mentais]]
[[Categoría:Trastornos mentais]]

Revisión como estaba o 1 de decembro de 2016 ás 12:44

Hipocondría
Clasificación e recursos externos
ICD-10F45.2
ICD-9300.7
MedlinePlus001236
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A hipocondría[1] é unha enfermidadade na cal o paciente mostra unha actitude de preocupación pola súa saúde. Tende a esaxerar os seus sufrimentos, que poden ser reais ou imaxinarios, crendo que padece unha enfermidade grave. A interpretación catastrófica dos signos corporais máis ínfimos por parte do individuo, é o mecanismo que provoca a hipocondría. Hai familias moi sensibles a esta enfermidade e están inclinadas á interpretación dos signos de enfermidade en todos os ámbitos da vida. Non se debe descartar que unha persoa hipocondríaca estea realmente enferma. En moitas ocasións o que fai é centrar a súa atención en síntomas leves (mareo, dor de cabeza...) e non nos verdadeiramente importantes.

Nalgunhas persoas é moi difícil o tratamento da hipocondría, xa que non están dispostas a recoñeceren que a causa do seu mal é de orixe psíquico. Polo tanto, néganse a someterse a un tratamento psicolóxico. O tratamento baséase na combinación de fármacos antidepresivos con a psicoterapia cognitivo conductual. De feito, é moi común que psquiatra e psicólogo traballen xuntos ante esta enfermidade. Os medicamentos reducen o desánimo pero por si sós non son suficientes para eliminar as ideas de enfermidade. Débense tomar conxuntamente co tratamento psicolóxico.

A psicoterapia en si diríxese a paliar a angustia e o medo que sinten estas persoas ensinándolles a enfrontar o seu problema. Un punto vital radica en saber diferenciar os síntomas reais dos ficticios. Normalmente úsanse técnicas como a desensibilización, o control do pensamento e a relaxación.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hipocondría.