Botón direccional: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos using AWB
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 14: Liña 14:
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Videoxogos]]
[[Categoría:Controladores de videoxogos]]

Revisión como estaba o 29 de novembro de 2016 ás 12:26

Botón direccional.

O botón direccional, tamén coñecido como cruz direccional, pad direccional ou D-pad, é o controlador dixital de direccións en forma de cruz que posúen os gamepads das consolas de videoxogos. Aínda que foron en parte desprazados polas pancas analóxicas, continúan a estar presentes mesmo nas consolas da última xeración.

Os botóns direccionais poden dividirse, segundo a morfoloxía, en dous grupos:

  • Botón direccional simple: Peza de plástico con forma de cruz, ben próxima da superficie (Nintendo NES, Game Boy, Super Nintendo) ou un pouco afundida (Nintendo 64, Dreamcast, Gamecube, Playstation). É o modelo máis estendido na actualidade.
  • Botón direccional con base circular plana: Componse por unha base circular plana que ten a cruz no centro. Era común na época dos 16-bits (Mega Drive, Neo Geo...), e foi perdendo popularidade co tempo. Porén, continúa a ser usado en controis para computador.

Véxase tamén

Outros artigos