José María Fernández Colmeiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
→‎Traxectoria: engado info
Liña 7: Liña 7:


Foi tamén director do ''[[Instituto de Canceroloxía]]''. Laureado co Premio Chevillon da Academia Nacional de [[París]] e co título de Científico estranxeiro insigne. Morreu en [[1959]] cando dirixía o Servizo de Roetxeoterapia da [[Fundación Curie]].
Foi tamén director do ''[[Instituto de Canceroloxía]]''. Laureado co Premio Chevillon da Academia Nacional de [[París]] e co título de Científico estranxeiro insigne. Morreu en [[1959]] cando dirixía o Servizo de Roetxeoterapia da [[Fundación Curie]].

== Homenaxe ==
No ano [[2009]] o goberno municipal de Silleda aprobou o cambio de denominación do centro de saúde da capital, que a partir dese momento se coñece como ''Centro de Saúde Doutor Fernández Colmeiro''<ref>[http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2009/09/26/callejero-silleda-modifica-nombre-10-ruas-bautiza-6/371842.html El callejero de Silleda modifica el nombre de 10 rúas y bautiza a otras 6] en [[Faro de Vigo]] (26/9/2009) (Consultado o 23/11/2016).</ref>.

== Notas ==
{{Listaref}}


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 23 de novembro de 2016 ás 20:03

José María Fernández Colmeiro, nado en Toxa (Silleda) en 1894 e finado en París o 10 de xuño de 1959, foi un médico e político galego.

Traxectoria

Naceu no lugar de Toxa, en Silleda o 21 de setembro de 1894. Aos 18 anos emigrou a Uruguai, onde desempeñou diversos traballos, rematando de farmacéutico. En 1928 graduouse en Medicina na Universidade de Montevideo. Nos anos 30 foi representante da Liga contra o Fascismo, o Nacionalsocialismo e as persecucións raciais.

En 1935 foi nomeado agregado cultural da embaixada do Uruguai en Madrid. Traballou co xinecólogo Manuel Varela Radío. En xullo de 1936 enrolouse como médico no exercito da República. Pasou a Xibraltar e colaborou na fuxida de republicanos desde Marrocos. Enviou unha serie de artigos para o xornal El País de Montevideo baixo o título xeral de “Guerra pola independencia de España” que foron moi difundidos en toda Latinoamérica. Desde 1938 traballou na Fundación Curie de París, que chegou a dirixir.

Foi tamén director do Instituto de Canceroloxía. Laureado co Premio Chevillon da Academia Nacional de París e co título de Científico estranxeiro insigne. Morreu en 1959 cando dirixía o Servizo de Roetxeoterapia da Fundación Curie.

Homenaxe

No ano 2009 o goberno municipal de Silleda aprobou o cambio de denominación do centro de saúde da capital, que a partir dese momento se coñece como Centro de Saúde Doutor Fernández Colmeiro[1].

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas