Misfits: Diferenzas entre revisións
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética |
mSen resumo de edición |
||
Liña 6: | Liña 6: | ||
| orixe = [[Lodi, New Jersey]] |
| orixe = [[Lodi, New Jersey]] |
||
| país = {{USAb}} |
| país = {{USAb}} |
||
| período = 1977 – 1983<br>1995 – |
| período = 1977 – 1983<br>1995 – presente |
||
| xénero = [[horror punk]], [[hardcore punk]], [[heavy metal]] |
| xénero = [[horror punk]], [[hardcore punk]], [[heavy metal]] |
||
| selo = Plan 9, [[Caroline Records|Caroline]], [[Roadrunner Records|Roadrunner]], Misfits |
| selo = Plan 9, [[Caroline Records|Caroline]], [[Roadrunner Records|Roadrunner]], Misfits |
Revisión como estaba o 5 de novembro de 2016 ás 09:09
Misfits | |
---|---|
Orixe | Lodi, New Jersey, |
Período | 1977 – 1983 1995 – presente |
Xénero(s) | horror punk, hardcore punk, heavy metal |
Selo(s) discográfico(s) | Plan 9, Caroline, Roadrunner, Misfits |
Membros | Jerry Only Dez Cadena Eric "Chupacabra" Arce |
Antigos membros | Glenn Danzig Diane DiPiazza Jimmy Battle Manny Martínez Franché Coma Mr. Jim Bobby Steele Joey Image Arthur Googy Doyle Wolfgang von Frankenstein Robo Brian Damage Dr. Chud Michale Graves Marky Ramone |
Na rede | |
http://www.misfits.com/ | |
Misfits é unha banda estadounidense de horror punk procedente de Lodi, New Jersey e formada en 1977. Adoita ser recoñecida como a proxenitora do subxénero horror punk, que mestura punk rock e outras influncias musicais cunha estética de películas de terror. O grupo tivo unha formación flutuante durante os seus primeiros seis anos de vida, co seu creador Glenn Danzig e o baixista Jerry Only como únicos membros constantes. Durante ese tempo editaron varios EP's e sinxelos e, co irmán de Only, Doyle, como guitarrista, os álbums Walk Among Us (1982) e Earth A.D./Wolfs Blood (1983), ámbolos dous considerados pedras angulares do movemento hardcore punk de comezos dos anos 80. The Misfits separaríase en 1983 e Danzig formaría Samhain e posteriormente Danzig. Publicáronse varios discos de material inédito e reedicións tras a disolución da banda, e a súa música foi moi influínte no punk rock, o heavy metal e o rock alternativo de finais dos 90 e principios dos anos 2000.
Despois dunha serie de batallas legais con Danzig, Only e Doyle recuperaron os dereitos para gravar e actuar como The Misfits. Os dous formaron unha nova versión da banda en 1995 co vocalista Michale Graves e o batería Dr. Chud. Esta encarnación do grupo está máis enraizada no heavy metal, e publicou os álbums American Psycho (1997) e Famous Monsters (1999) antes de disolverse no ano 2000. Jerry Only pasouse entón ás voces e recrutou ao antigo guitarrista de Black Flag Dez Cadena e ao antigo batería dos Ramones Marky Ramone para unha xira de 25 aniversario da banda. Esta formación editou un álbum de versións titulado Project 1950 e xirou durante varios anos. No 2005 foi substituído por Robo, que tocara en Black Flag a comezos dos 80 e tamén estivera nos Misfits entre 1982 e 1983. A banda editou entón o sinxelo "Land of the Dead" no 2009. A actual formación do grupo, composta por Only, Cadena e o batería Eric "Chupacabra" Arce, publicou o álbum The Devil's Rain en outubro do ano 2011.
Discografía
- Walk Among Us - 1982
- Earth A.D./Wolfs Blood - 1983
- American Psycho - 1997
- Static Age - 1997
- Famous Monsters - 1999
- Project 1950 - 2003
- The Devil's Rain - 2011