Alberto Camino: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 10: Liña 10:
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |artigo= |título=[[Dicionario biográfico de Galicia]] |ano=2010-2011 |volume=1 |páxina= |editorial=[[Ir Indo Edicións]] }}
* {{Cita libro |título= Diccionario de escritores gallegos|nome= Manuel|apelidos= Murguía|ligazónautor= Manuel Murguía|coautores= |ano= 1862|editor= Juan Compañel|localización= Vigo|isbn= |páxina= |páxinas= 135-136|dataacceso=16 de febreiro de 2013 |url=http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/i18n/consulta/registro.cmd?id=4829}}
* {{Cita libro |título= Diccionario de escritores gallegos|nome= Manuel|apelidos= Murguía|ligazónautor= Manuel Murguía|coautores= |ano= 1862|editor= Juan Compañel|localización= Vigo|isbn= |páxina= |páxinas= 135-136|dataacceso=16 de febreiro de 2013 |url=http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/i18n/consulta/registro.cmd?id=4829}}
=== Outros artigos ===
=== Outros artigos ===

Revisión como estaba o 22 de outubro de 2016 ás 21:49

Alberto Camino Sigüer, nado en Ferrol o 1 de novembro de 1821[1] e finado en Madrid o 2 de marzo de 1861, foi un avogado e escritor galego.

Traxectoria

Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861.[2]

Cursou estudos de dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Vinculado ás actividades da Academia Literaria de Santiago, colaborou con artigos e poemas en El Iris de Galicia, El Miño, El Porvenir e La Aurora de Galicia e tamén en medios non galegas (La Antorcha e La Esperanza). Non deixou publicado ningún libro en galego, e pénsase que a súa obra inédita (ou parte dela) foi mandada queimar polo propio Camino nun acto de tolemia poucos días da súa morte[Cómpre referencia]. Este escritor destacou como compositor de panxoliñas de Nadal e Reis, mais tamén como poeta elexíaco. De feito, dúas das súas máis coñecidas e composicións son elexías, os poemas Nai chorosa e O desconsolo. Escribiu tamén os vilancetes, incluídos no volume Canciones al nacimiento de Nuestro Señor Jesucristo y degollación de los Inocentes en el Hospicio de Santiago (1849), titulados “Falade ben baixo” e “Alegría, festa e rúa”, datados entre 1848 e 1849. En castelán escribiu o poema “La conquista de México”, a comedia en verso A la vejez aladares de pez e o drama Lisardo el estudiante. No Álbum de la Caridad recóllense poemas seus como os titulados “Repique” ou “Blas, baila a muiñeira”. En 1896, Andrés Martínez Salazar recolleu as súas composicións poéticas co título Poesías gallegas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos