José María Fernández Colmeiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Liña 13: Liña 13:
* [http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=28&solo_caja=27 Ficha na web do Concello de Silleda]
* [http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=28&solo_caja=27 Ficha na web do Concello de Silleda]


{{ORDENAR:Fernandez Colmeiro, Jose Maria}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}


{{ORDENAR:Fernandez Colmeiro, Jose Maria}}
[[Categoría:Médicos de Galicia]]
[[Categoría:Médicos de Galicia]]
[[Categoría:Exilio galego]]
[[Categoría:Exilio galego]]

Revisión como estaba o 10 de outubro de 2016 ás 23:15

José María Fernández Colmeiro, nado en Toxa (Silleda) en 1894 e finado en París o 10 de xuño de 1959, foi un médico e político galego.

Traxectoria

Naceu no lugar de Toxa, en Silleda o 21 de setembro de 1894. Aos 18 anos emigrou a Uruguai, onde desempeñou diversos traballos, rematando de farmacéutico. En 1928 graduouse en Medicina na Universidade de Montevideo. Nos anos 30 foi representante da Liga contra o Fascismo, o Nacionalsocialismo e as persecucións raciais.

En 1935 foi nomeado agregado cultural da embaixada do Uruguai en Madrid. Traballou co xinecólogo Manuel Varela Radío. En xullo de 1936 enrolouse como médico no exercito da República. Pasou a Xibraltar e colaborou na fuxida de republicanos desde Marrocos. Enviou unha serie de artigos para o xornal El País de Montevideo baixo o título xeral de “Guerra pola independencia de España” que foron moi difundidos en toda Latinoamérica. Desde 1938 traballou na Fundación Curie de París, que chegou a dirixir.

Foi tamén director do Instituto de Canceroloxía. Laureado co Premio Chevillon da Academia Nacional de París e co título de Científico estranxeiro insigne. Morreu en 1959 cando dirixía o Servizo de Roetxeoterapia da Fundación Curie.

Véxase tamén

Ligazóns externas