Urbano VI, papa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Véxase tamén: {{Commonscat}}
Liña 16: Liña 16:


Sucedeulle [[Bonifacio IX, Papa|Bonifacio IX]].
Sucedeulle [[Bonifacio IX, Papa|Bonifacio IX]].
==Véxase tamén==
{{Commonscat}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Papas]]
[[Categoría:Papas]]
[[Categoría:Papas|Urbano VI]]
[[Categoría:Papas|Urbano VI]]

Revisión como estaba o 2 de agosto de 2016 ás 05:59

Modelo:PapS-XIV

Papa Urbano VI

Urbano VI, nado Bartolomeo Prignano en Nápoles, ca. 1318 e falecido en Roma o 15 de outubro de 1389, foi Papa da Igrexa Católica entre 1378 e a súa morte.

Traxectoria

Natural de Nápoles, foi un monxe devoto e un culto sofista. Chegou a arcebispo de Bari en 1377, e, tras a morte do papa Gregorio XI, cando o pobo de Roma requería con clamor un papa italiano, foi elixido por unanimidade o (8 de abril de 1378) polos cardeais franceses. O temperamento arrogante e imperioso do novo papa, acrecentado pola súa inesperada sorte, mostrouse dun modo tan intolerábel, que cinco meses despois a maioría dos cardeais reuníronse en Fondi, e rexeitaron a votación precedente, e procederon á elección de Roberto da Xenebra (20 de setembro), quen escolleu o título de Clemente VII. Este episodio abriu a vía ao Gran Cisma, que dividiu a cristiandade durante case corenta anos.

As medidas tomadas por Urbano non careceron de vigor, mais ao tempo caracterizáronse polo desexo de prudencia e autocontrol, para non dar pábulo de que fose en realidade, polo menos a treitos, un lunático. Clemente VII foi escomungado, e indicado como anticristo; vinte e seis novos cardeais foron nomeados nun só día, e con arbitraria alleación das propiedades da Igrexa, foron recollidos fondos para a guerra aberta.

O Castelo de Sant'Angelo foi asediado e tomado, e o antipapa Clemente VII obrigado a fugarse, mentres Carlos de Durazzo foi investido coa soberanía de Nápoles, deixada pola raíña Giovanna.

De seguido, Carlos principiou a resistir as pretensións papais, e Urbano refuxiouse en Nocera, no castelo de Parco, desde cuxos muros lanzaba diariamente tres anatemas contra os asediantes; por fin logrou atopar unha maneira de escapar e dirixiuse para Xénova, e á morte de Carlos, púxose á cabeza das súas topas, aparentemente coa intención de tomar Nápoli para o seu sobriño, se non para si mesmo.

Tumba de Urbano VI, nas grutas vaticanas

Para recoller fondos proclamou un Xubileo, aínda que só transcorreran trinta e tres anos do decretado por Clemente VI, mais morreu antes de poder ver a celebración, en Roma, a causa das feridas recibidas dunha caída da súa mula, o 15 de outubro de 1389.

Sucedeulle Bonifacio IX.

Véxase tamén