Cereixa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m →‎top: Arranxos varios
Liña 3: Liña 3:
[[Ficheiro:Prunus padus Sturm59.jpg|miniatura|cereixas]]
[[Ficheiro:Prunus padus Sturm59.jpg|miniatura|cereixas]]


A '''cereixa''' é o [[froito]] da [[cerdeira]].
A '''cereixa''' é o [[froito]] da [[cerdeira]].


== Descrición ==
== Descrición ==

Revisión como estaba o 29 de xullo de 2016 ás 10:54

Cereixas vermellas
cereixas

A cereixa é o froito da cerdeira.

Descrición

A cereixa é un pequeno froito carnoso e cunha carabuña. Adoita ter forma esférica e cor xeralmente vermella máis ou menos escura, máis raramente amarela. O seu tamaño pode variar de pouco máis dun centímetro a dous ou tres. O pedúnculo é longo (rabo da cereixa). Sobre o plano botánico é unha drupa. Na árbore é habitual atopala en pequenos acios de dúas a catro cereixas.

Historia e etimoloxía

As poboacións europeas coñecían e consumían desde polo menos o IV milenio a.C. unha variedade de cereixa autóctona, a cerdeira de monte (Prunus avium). A selección permitiu pouco a pouco elixir os exemplares cos froitos máis grosos e máis doces, os máis precoces ou os máis suculentos.

Unha variedade moi coñecida polo seu sabor e tamaño é a picota, que non se recolle da árbore senón cando cae polo seu propio peso (un mes despois cás demais).

Véxase tamén

Outros artigos