Niamey: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 26: Liña 26:




[[Category:Cidades de África]]
[[Category:Cidades de Níxer]]





Revisión como estaba o 16 de xuño de 2007 ás 23:55

Niamey é a capital do Níxer e está xustamente situada sobre as marxens do río Níxer, no extremo oeste do país. Ten una poboación de cerca de 800.000 habitantes, cunha taxa de acrecentamento anual do 4,8%. Comunidade urbana desde o 24 de novembro de 1988, está formada por 5 comunas.

Historia

O barrio Mouray-Kwaratagui é o centro histórico de Niamey. A rexión de Niamey está habitada desde hai moito tempo por poboación voltaicas como os Gourmantches. Porén os fundadores da cidade de Niamey, parece que foron Maouris, vindos de Matankanri a fins do século XIX. Instaláronse sobre unha illa chamada Neni Goungou, en fronte do actual Niamey, antes de acabar por asentarse na beira esquerda do Níxer, dise que ao pé dunha árbore de cuxo nome sairía o da cidade: Niame, de Nia, o nome da árbore e me en djerma, que significa "río" ou ben "onde mana a auga".
A aldea de Niamey estaba habitada apenas por arredor de 600 persoas en 1901, cando chegoua até alí a misión Lenfant. Niamey era por entón a cabeza da zona de Djerma que comprendía as rexións entre o río e Dallol Bosso. Niamey converteuse en capital do Níxer o 28 de decembro de 1926.

Xeografía

Niamey sobre o río Níxer

Niamey está situada a 13°31 de latitude norte e 2°26 de lonxitude leste. Abranxe unha superficie de 255 km², ocupando dúas mesetas que dominan o río Níxer, a 218 m de altitude snm.

O clima é de tipo subtropical saheliano, cunha pluviosidade que varía de 500 a 750 mm, segundo ano. Para combater a desertificación e máis as frecuentes tempestades de area que ameazan a cidade, arrastrada polo harmattan, un vento procedente do Norte, a municipalidade dispuxo, nos anos 1960, un cinto de árbores de 2.500 ha (25 km de longo, nunha banda de 1 km de ancho). Porén, dado o éxodo rural e a urbanización crecente con bidonvilles (favelas), esta barreira non cesa de se reducir.

Economía

Niamey acolle a maioría das industrias do país. É tamén o principal polo comercial do Níxer. Durante os derradeiros cinco anos exportáronse desde a cidade arredor de 2.000.000 de quintais de cobre e unha cantidade similar de ouro.

Cultura

En Niamey está o Musée nationale du Niger (Museo Nacional do Níxer).

Relixión

Un 80 % da poboación do Níxer é musulmana, estando en Niamey a maior mesquita do país. A cidade é sede ademais dun bispado católico.