Assurbanipal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Loveless (conversa | contribucións)
m robot Añadido: ar, de, eo, es, et, fa, fi, fr, he, hu, it, ja, ka, ko, lt, mk, nl, no, pl, pt, ro, ru, sk, sr, sv, tr, uk, zh Modificado: en
Liña 21: Liña 21:
[[category: personalidades históricas]]
[[category: personalidades históricas]]


[[ar:آشوربانيبال]]
[[en:Asurbanipal]]
[[de:Assurbanipal]]
[[en:Ashurbanipal]]
[[eo:Asurbanipal]]
[[es:Asurbanipal]]
[[et:Assurbanipal]]
[[fa:آشور بانیپال]]
[[fi:Assurbanipal]]
[[fr:Assurbanipal]]
[[he:אשורבניפל]]
[[hu:Assur-bán-apli]]
[[it:Sardanapalo]]
[[ja:アッシュールバニパル]]
[[ka:ასურბანიფალი]]
[[ko:아슈르바니팔]]
[[lt:Ašurbanipalas]]
[[mk:Асурбанипал]]
[[nl:Assurbanipal]]
[[no:Asurbanipal]]
[[pl:Aszurbanipal]]
[[pt:Assurbanípal]]
[[ro:Asurbanipal]]
[[ru:Ашшурбанапал]]
[[sk:Aššurbanipal]]
[[sr:Асурбанипал]]
[[sv:Assurbanipal]]
[[tr:Asurbanipal]]
[[uk:Ашшурбаніпал]]
[[zh:亚述巴尼拔]]

Revisión como estaba o 9 de xuño de 2007 ás 19:30

685-627 antes de Cristo. Rei de Asiria dende o ano 669. Foi o máis ilustrado dos monarcas asirios. Os gregos coñecérono como Sardanápolo, na Biblia é coñecido como Osnapper.

Fillo de Asarhaddon, sucedeulle no trono. O seu irmán Shamash-shum-ukin foi rei subordinado en Babilonia.

Victorias militares

Assurbanipal derrotou ao imperio de Elam, destruiu Susa (639) e volveu coa cabeza do seu rei Teumman, que ao parecer se suicidara na batalla do río Ulaia, ante a desesperación dos embaixadores deste (arrincándose a barba un e outro suicidándose). A cabeza de Tumman luciu tétrica nas portas de Nínive. Puxo reis monicreques en Madaktu e Hidalu.

Realizou existosas campañas militares sobre Exipto, derrotou ao faraón Taharqa en Menfis e combateu ata a completa dominación do país.

O seu irmán rebelouse coa axuda de caldeos,amorreos e Guti. Assurbanipal derrotounos e someteu a Babilonia a unha dura represión, masacre incluída, pero sen destruír a cidade.

Legado cultural

Assurbanipal gabábase de saber ler e escribir, e parece ser que dominou varios idiomas (sumerio e Acadio)

Durante o seu reinado froreceu a arte asiria, en particular a escultura monumental, unha das fontes históricas notables para coñecer o periodo. Máis onde deixou unha pegada imborrable para a posteridade foi na biblioteca de Nínive con máis de 22.000 taboíñas de arxila en escritura cuneiforme con obras literarias, textos filosóficos, relixiosos, tratados médicos, astronómicos, comerciais, diccionarios de acadio, sumerio etc. sistematicamente ordeadas. Salienta o relato de Gilgamesh

O seu reinado marca o punto culminante de Asiria, pero tamén o punto de inflexión cara a súa decadencia. Os seus fillos Assuretilini e Sinshariskun, presas da mutua rivalidade, conduciron ao imperio a un rápido proceso de extinción.