Batalla de Medina de Rioseco: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo
m →‎Consecuencias da batalla: Arranxos varios using AWB
Liña 10: Liña 10:


== Consecuencias da batalla ==
== Consecuencias da batalla ==
Como secuela da acción de Medina de Rio Seco, [[Jean-Baptiste Bessières|Bessières]] tomou doadamente [[León, España|León]] e [[Zamora]]. Os franceses efectuaron salvaxes represalias cos prisioneiros e contra as poboacións das localidades veciñas, que ironicamente foran das poucas que non se uniran ao levantamento popular xeral.
Como secuela da acción de Medina de Rio Seco, [[Jean-Baptiste Bessières|Bessières]] tomou doadamente [[León, España|León]] e [[Zamora]]. Os franceses efectuaron salvaxes represalias cos prisioneiros e contra as poboacións das localidades veciñas, que ironicamente foran das poucas que non se uniran ao levantamento popular xeral.


A vitoria de [[Jean-Baptiste Bessières|Bessières]] mellorou grandemente a posición estratéxica do exército francés no Norte de España. Encantado, [[Napoleón I|Napoleón]] proclamou: {{Cita|Se o mariscal [[Jean-Baptiste Bessières|Bessières]] foi quen de bater o Exército de Galiza con tan poucas perdas e pouco esforzo, o xeneral [[Pierre Dupont de l'Étang|Dupont]] será capaz de darlle volta calquera cousa coa que se poida atopar}}<ref> O sal da cita reside no feito de que catro días despois, o xeneral [[Pierre Dupont de l'Étang|Dupont]] era vencido en Bailén polos españois e sometíase con 20&nbsp;000 homes a unha capitulación humillante para os franceses. Ver [[Batalla de Bailén]]. O mando francés veuse preso de pánico e ordenou unha retirada xeral até o [[río Ebro|Ebro]], desfacendo a obra tan duramente lograda por [[Jean-Baptiste Bessières|Bessières]]</ref>.
A vitoria de [[Jean-Baptiste Bessières|Bessières]] mellorou grandemente a posición estratéxica do exército francés no Norte de España. Encantado, [[Napoleón I|Napoleón]] proclamou: {{Cita|Se o mariscal [[Jean-Baptiste Bessières|Bessières]] foi quen de bater o Exército de Galiza con tan poucas perdas e pouco esforzo, o xeneral [[Pierre Dupont de l'Étang|Dupont]] será capaz de darlle volta calquera cousa coa que se poida atopar}}<ref>O sal da cita reside no feito de que catro días despois, o xeneral [[Pierre Dupont de l'Étang|Dupont]] era vencido en Bailén polos españois e sometíase con 20&nbsp;000 homes a unha capitulación humillante para os franceses. Ver [[Batalla de Bailén]]. O mando francés veuse preso de pánico e ordenou unha retirada xeral até o [[río Ebro|Ebro]], desfacendo a obra tan duramente lograda por [[Jean-Baptiste Bessières|Bessières]]</ref>.


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 18 de abril de 2016 ás 20:14

A Batalla de Medina de Rio Seco foi disputada durante a Guerra da Independencia española o 14 de xullo de 1808 e provocou a derrota do único exército español capaz de defender os vellos reinos de Castela e León contra os franceses.

Situación no norte de España

As recentes operacións efectuadas polos franceses na rexión estaban lonxe de espertar o interese de Napoleón. En xuño, unha columna destacada de Jean-Baptiste Bessières tentou marchar sobre Santander, a fin de asegurar as comunicacións francesas e gardar a costa cantábrica ante un posíbel desembarco británico. Abafado pola resistencia masiva na zona, Bessières veuse forzado a dar marcha atrás.

Napoleón empeñou entón máis tropas e formulou unha nova estratexia. En xullo ordenou a Bessières que renovase a ofensiva sobre o Leste. Fronte os franceses opúñase o xeneral Joaquín Blake y Joyes, que comparte mando nun difícil duunvirato co xeneral Cuesta, axuntando un exército heteroxéneo de recrutas, milicianos e máis soldados regulares que procedían de cuarteis illados. Ámbolos dous xenerais españois comandan unha forza de arredor de 24 000 homes. Esta forza tomou posicións sobre unha suave altura próxima á cidade de Medina de Rio Seco.

Desenvolvemento da batalla

O 14 de xuño unidades das dúas divisións do exército de Bessières efectúan o asalto da crista. A maioría dos españois combaten con vontade indomábel, inflixindo aos franceses unhas perdas calculadas en máis de 1 000 homes, mais o fráxil exército de Blake foi finalmente quebrado polos asaltos determinantes do seus inimigos, sendo posto en fuga cara o Oeste. Se hai que facer algún reproche sobre esta derrota española, debe recaer sobre Cuesta, que por razóns nada claras, refusou despregar os seus 6 500 homes.

Consecuencias da batalla

Como secuela da acción de Medina de Rio Seco, Bessières tomou doadamente León e Zamora. Os franceses efectuaron salvaxes represalias cos prisioneiros e contra as poboacións das localidades veciñas, que ironicamente foran das poucas que non se uniran ao levantamento popular xeral.

A vitoria de Bessières mellorou grandemente a posición estratéxica do exército francés no Norte de España. Encantado, Napoleón proclamou:

Se o mariscal Bessières foi quen de bater o Exército de Galiza con tan poucas perdas e pouco esforzo, o xeneral Dupont será capaz de darlle volta calquera cousa coa que se poida atopar

[1].

Notas

  1. O sal da cita reside no feito de que catro días despois, o xeneral Dupont era vencido en Bailén polos españois e sometíase con 20 000 homes a unha capitulación humillante para os franceses. Ver Batalla de Bailén. O mando francés veuse preso de pánico e ordenou unha retirada xeral até o Ebro, desfacendo a obra tan duramente lograda por Bessières