Pantera Rodríguez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Correxindo un erro
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Pantera Rodríguez. Alfonso Vilar. Vilaxoán. Vilagarcía de Arousa. Galiza VV01.jpg|222px|thumb|"Pantera" Rodríguez, por [[Alfonso Vilar Lamelas]], [[Vilaxoán, Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de Arousa|Vilaxoán]].]]
[[Ficheiro:Pantera Rodríguez. Alfonso Vilar. Vilaxoán. Vilagarcía de Arousa. Galiza VV01.jpg|222px|thumb|"Pantera" Rodríguez, por [[Alfonso Vilar Lamelas]], [[Vilaxoán, Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de Arousa|Vilaxoán]].]]


'''Felipe Rodríguez Piñeiro''', chamado '''Pantera Rodríguez''', nado en [[Vilaxoán, Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de Arousa|Vilaxoán]] en [[1953]] e falecido na mesma vila o [[31 de maio]] de [[2000]], foi un [[boxeo|boxeador]] [[Galicia|galego]].
'''Felipe Rodríguez Piñeiro''', chamado '''Pantera Rodríguez''', nado en [[Vilaxoán, Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de Arousa|Vilaxoán]] en [[1953]] e falecido na mesma vila o [[1 de xunio]] de [[2000]], foi un [[boxeo|boxeador]] [[Galicia|galego]].


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==

Revisión como estaba o 22 de decembro de 2015 ás 07:41

"Pantera" Rodríguez, por Alfonso Vilar Lamelas, Vilaxoán.

Felipe Rodríguez Piñeiro, chamado Pantera Rodríguez, nado en Vilaxoán en 1953 e falecido na mesma vila o 1 de xunio de 2000, foi un boxeador galego.

Traxectoria

Fillo dun mariñeiro, por consello dun antigo boxeador da súa mesma vila, Vicente Martiñán, aos dezaseis anos mudouse a Zaragoza e posteriormente a Madrid, para dedicarse ao boxeo. En Madrid debutou como afeccionado en 1972. Nese ano e en 1976 proclamouse campión de España de afeccionados na categoría de pesos pesados. En 1977 pasa a profesional, e gaña por nove veces o título dos pesos pesados, ata que se retira invicto en 1987. Obtivo o título de campión europeo dos pesos pesados en 1978, pero perdeuno aos puntos contra o italiano Lorenzo Zenon en 1979 e non o recuperou contra o francés Lucien Rodriguez en 1981. Tamén pelexou contra o uruguaio Alfredo Evangelista, co resultado de combate nulo.

Cando se retirou do boxeo traballou como vixilante de seguridade na Coruña e logo como presentador no programa de televisión Luar. Posteriormente regresou ao traballo de garda de seguridade.

O 8 de abril de 2000 recibiu unha homenaxe no polideportivo de Fontecarmoa, no Carril e dous meses despois falecía dun tumor cerebral.

Vida persoal

Estaba casado e tiña dúas fillas.

Véxase tamén

Ligazóns externas